Vigo: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto venres 17 de outubro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, nun acto que contará coa participación do autor e Manuel Bragado.

Lalín: presentación de Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga

OXabier Quiroga xoves 16 de outubro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do IES Laxeiro de Lalín, preséntase Zapatillas rotas, de Xabier Quiroga, publicada en Xerais. No acto, en que colabora a Libraría Vagalume de Lalín, participan, xunto ao autor, Uxío Grande, Celso Fernández Sanmartín e Manuel Bragado.

Nova York: participación en recitais e presentación de Memoria de abril, de Francisco X. Fernández Naval

EntreFrancisco X. Fernández Naval o 15 e o 17 de outubro, en Nova York, Francisco X. Fernández Naval participará en diversos recitais poéticos multilingües. O día 17 tamén se presentará o libro bilingüe galego-castelán Memoria de abril, publicado por Artepoética Press, editado por Teresa Seara. O programa completo pódese descargar aquí: Programa Nova York outubro 2014 Francisco X. Fernández Naval.

Ourense: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas, na Asociación Cultural Agalleira (Praza de San Cosme, 1) de Ourense, preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Xabier Paz.

Betanzos: presentación de Reo, de Xesús Fraga

OXesús Fraga mércores 15 de outubro, ás 20:00 horas, na A. C. Casa Castillo (Rúa Roldán, 2) de Betanzos, preséntase Reo, de Xesús Fraga, publicado en Galaxia. Falarán Francisco Castro, Xosé Luís Mosquera e o autor, e haberá unha demostración de graffiti en directo cos escritores da crew betanceira Camborios Art. Colaboran Editorial Galaxia e a Libraría Biblos.