O xoves 18 de setembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase Manuel Antonio. Obra completa, volume II: Poesía, publicado pola Real Academia Galega e a Fundación Barrié. No acto participan Xosé Luís Axeitos, editor literario desta obra, xunto a Xosé Luís Méndez Ferrín e Diego Rodríguez González.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Lugo: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
Compostela: presentación de Chovida do ceo, de Alfredo Conde
O mércores 17 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Cronopios (Rúa Alfredo Brañas, 24) de Santiago de Compostela, preséntase a novela Chovida do ceo, de Alfredo Conde, publicada en Xerais. No acto participa, xunto ao autor, Manuel Bragado.
A Coruña: inauguración da exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López
O martes 16 de setembro, ás 13:00 horas, na Biblioteca Pública Miguel González Garcés da Coruña (Rúa Miguel González Garcés, s/n), Xesús Alonso Montero inaugura unha exposición itinerante sobre Manuel Rodríguez López, que estará aberta desde este día até o 7 de outubro. Durante o acto presentará as publicacións Manuel Rodríguez López, que recolle os contidos dos dezaseis paneis da exposición e Antoloxía poética, editada por Santiago Rodríguez e Xesús Alonso Montero, con comentario deste último. Participarán tamén no acto Antonio Giz, Irene López (viúva do escritor), José Manuel Mato e Anxo Lorenzo.
Vilar de Santos: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto
A sexta feira 12 de setembro, ás 21:00 horas, na Arca da Noe (Rúa do Forno, 13), de Vilar de Santos (Ourense), preséntase Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais. No acto participará o propio autor.
Betanzos: presentación do libro-CD Tanto encanto reunido
Betanzos: encontro con Alfredo Conde arredor de Chovida do ceo
Vigo: presentación de 55, de Xavier Queipo
O xoves 4 de setembro, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase 55, de Xavier Queipo, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Xina Vega e Fran Alonso.
Compostela: presentación de 55, de Xavier Queipo
O martes 2 de setembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase 55, de Xavier Queipo, publicado por Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Agustín Agra e Manuel Bragado.
Carballo: actividades do domingo 31 na Praza dos Libros
Finaliza esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o domingo 31, destacamos os seguintes:
– 12:30 h. Presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais, coa presenza do autor, acompañado por Rosalía Fernández Rial.
– 18:30 h. Presentación-recital dos poemarios Chamádeme Eva, de Mercedes Leobalde, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, publicado na A. C. Caldeirón.
– 19:30 h. Presentación do libro Os Bolechas en Carballo.
– 20:30 h. Presentación de Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.