A
sexta feira 4 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6), en Santiago de Compostela, preséntase o libro As Irmandades da Fala (1916-1931). Reivindicación identitaria e activismo socio-político-cultural no primeiro terzo do século XX, publicado en Laiovento, con Justo Beramendi, coautor do libro, e Uxío-Breogán Diéguez, coordinador e tamén coautor do libro.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Noia: presentación de Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias
O
venres 4 de novembro, ás 19:30 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos (Rúa Corredoira de Luís Cadarso, s/n.), en Noia, terá lugar a presentación do libro Todo o tempo do mundo, de David Pérez Iglesias, Premio Merlín de Literatura Infantil 2016, publicado en Xerais. No acto, organizado en colaboración co Concello de Noia, participan, xunto ao autor, Agustín Agra e Manuel Bragado.
Carballo: presentación de seique, de Susana Sánchez Arins
A
quinta feira 3 de novembro, ás 19:30 horas, na Biblioteca Municipal Rego da Balsa de Carballo, terá lugar a presentación de seique, de Susana Sánchez Arins, publicado por Através Editora. No acto, a autora estará acompañada por Mercedes Queixas.
Compostela: presentación do número 210 da revista Grial: Feminismos
Compostela: presentación do manifesto O fim do Apartheid
A quinta feira 3 de novembro, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo, 55), en Santiago de Compostela, preséntase o manifesto O fim do Apartheid. No acto participan Suso de Toro e Verónica Martínez Delgado, asinantes do mesmo, para alén dunha representación do grupo promotor dese manifesto.
Cambados: presentación de Verbas atlánticas. Poesía inglesa, escocesa e irlandesa traducida por Plácido Castro
Vigo: presentación de Os Cabezombis na Mansión Espello
O Barco: Noite do Samaín con Escarlatina. A cociñeira defunta, de Ledicia Costas
Pontevedra: encontro con Ledicia Costas e Víctor Rivas
A Coruña: presentación de Bala Perdida, de Manuel Rivas
O
sábado 29 de outubro, ás 19:00 horas, na FNAC (Praza de Lugo, s/n), na Coruña, Manuel Rivas, presenta Bala Perdida, publicado por Xerais. No acto estará acompañado por Manuel Bragado.




