Carballo: actividades do sábado 30 na Praza dos Libros

ContinúaPraza-dos-Libros-de-Carballo-2014 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o sábado 30, destacamos os seguintes:

19:30 h. Presentación de Días de Cuba e Epistolario diverso, de Xosé Neira Vilas, publicados en Galaxia e Embora. No acto participan, xunto ao autor, Víctor Freixanes e Miguel Toval.
20:30 h. Presentación de Contos de taberna, publicado polo Concello de Carballo.

Malpica: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto sábado 30 de agosto, ás 20:30 horas, na Casa do Pescador (Avenida Emilio González) de Malpica, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan José Carrillo e Selina Otero.

Foz: actos destacados do sábado 30 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 sábado 30 de agosto terá lugar a penúltima xornada da Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destacan os seguintes:

19:00 h. Presentación de Como ser reintegracionista sen que a familia o saiba, de Eduardo Sanches Maragoto, publicado en Edicións do Cumio. Xunto ao autor, participa tamén Cándido Meixide.
19:30 h. Begoña Caamaño asinará exemplares de Morgana en Esmelle e Circe ou o pracer do azul, na caseta da Libraría Bahía.
21:00 h. Presentación do libro O ciclo do pan e as súas construcións na Mariña de Lugo. Eiras, cabozos, muíños e fornos, de José María Leal Bóveda, publicado pola Deputación de Lugo.

Carballo: actividades do venres 29 na Praza dos Libros

ContinúaPraza-dos-Libros-de-Carballo-2014 esta nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que ten lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o venres 29, destacamos os seguintes:

12:00 h. Xogos musicais, de Luís Prego. Actividade baseada no libro publicado en Edicións do Cumio.
18:30 h. Merenda con Pan de millo, concerto a partir do libro-disco.
20:30 h. Presentación e recital poético e musical de Ningún amante sabe conducir, de Rosalía Fernández Rial, publicado en Toxosoutos. A autora estará acompañada polo pianista Serxio Moreira.

Corme: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto

OXurxo Souto xoves 28 de agosto, ás 20:00 horas, no Museo de Arte Contemporánea da Costa da Morte (Rúa Real, 14) de Corme, Xurxo Souto presenta Contos do mar de Irlanda, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participa Serafín Mourelle.

Foz: acto destacado do venres 29 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 venres 29 de agosto continúa a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:

20:00 h. Presentación do libro Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado por Xerais.

Carlos López gaña o XL Certame Literario Concello de Vilalba

Desde Fervenzas Literarias:
“O concello de Vilalba entregou os seus premios de poesía, que neste 2014 chegaban a súa XL edición, converténdose deste xeito nun dos máis lonxevos do panorama literario de Galicia.
No acto entregáronse os premios da edición anterior a Pablo Bouza, por Os privilexios dos somnámbulos, como gañador; e a Rafael Catoira, por Navegando cara a Ítaca, como finalista do XXXIX Certame Literario do Concello de Vilalba.
Para esta cuadraxésima edición o xurado do Certame, formado por Darío Villanueva, José Jesús Ramos, Fidel Fernán Vello, Xulio Xiz e José María García-Leira, actuando como presidente, decidiron outorgar por unanimidade o primeiro premio a Carlos López Fernández, pola súa obra Abrindo fiestras en carne viva. Como obra finalista quedou o poeta María Isabel Vázquez Rodríguez, que presentou a súa obra titulada Cinza de estrelas.
Tanto Carlos López como María Isabel Vázquez, ademais da cantidade económica estipulada nas bases do concurso, verán os seus poemarios publicados pola editorial Alvarellos, que leva dúas edicións editando os traballos gañadores.”

Carballo: actividades do xoves 28 na Praza dos Libros

ChegaPraza-dos-Libros-de-Carballo-2014 unha nova edición da Praza dos Libros, organizada polo Concello de Carballo, que terá lugar no Xardín Municipal do 28 ao 30 de agosto, con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:30 h. Dentro dos actos previstos para o xoves 28, destacamos os seguintes:

12:30 h. Inauguración da Praza dos Libros, con pregón a cargo de Xan Fraga Rodríguez. No acto participan tamén Mar Eirís, Evencio Ferrero e a Banda de Gaitas.
19:30 h. Presentación de A toponimia celta de Galicia, de Fernando Cabeza Quiles, publicado en Toxosoutos. Participa, xunto ao autor, Xosé Manuel Varela.
20:30 h. Presentación de Salseiros, de Suso Lista, publicado en Embora.

Foz: acto destacado do xoves 28 na Feira do Libro

OFeiras do Libro 2014 xoves 28 de agosto comeza a Feira do Libro de Foz (na Praza Conde de Fontao, con horarios de 17:30 a 22:00 horas). Dentro dos actos programados, destaca o seguinte:

20:45 h. Presentación do libro Os televisores estrábicos, de Ramón Vilar Landeira, publicado en Xerais.