Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Pontevedra: presentación de Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor
O venres
6 de marzo, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos de Pontevedra (Rúa da Oliva, 22), terá lugar a presentación do libro Antípodas, de Xosé Vázquez Pintor, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola Galería, a editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Xaime Toxo, Manuel Bragado e a cantora Begoña Lorenzo.
Ferrol: presentación de Uma Mãe tão Punk, de Teresa Moure
A Coruña: presentación de Salseiros, de Suso Lista
Betanzos: presentación de O soño galego de Julio Cortázar, de Francisco X. Fernández Naval
Compostela: presentación de Dende o conflito, de María Reimóndez
O
mércores 4 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase Dende o conflito, de María Reimóndez, publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora, Montse Dopico e Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón
Vigo: presentación de Espectros, de Rosa Enríquez
O
sábado 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na A. C. Bou Eva (Rúa Tercio de Fóra) de Vigo, Rosa Enríquez presenta o seu novo libro de poemas, Espectros, publicado pola editora O Figurante. No acto, xunto á autora, participan Elvira Riveiro, Rexina Vega e Neves Soutelo.
Pontevedra: presentación de O meu pesadelo favorito, de María Solar
O
sábado 28 de febreiro, ás 19:30 horas, no XVI Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra (no Salón de Actos Pazo da Cultura), preséntase O meu pesadelo favorito, de María Solar, publicado en Galaxia. No acto, xunto á autora, interveñen Francisco Castro e Malores Villanueva.
A Coruña: contacontos arredor de Coller as rendas, de Yolanda Castaño
O
sábado, 28 de febreiro, ás 18:00 horas, na Libraría Moito Conto (Rúa San Andrés, 35, baixo) da Coruña, terá lugar o contacontos para pequen@s lector@s arredor do libro Coller as rendas, de Yolanda Castaño, ilustrado por Xosé Tomás, e publicado en Xerais. No acto participan, xunto á autora e ilustrador, Manuel Bragado.




