O mércores 14 de marzo, ás 19:30 horas, no Centro de Recursos Feministas de Vigo (Biblioteca Central. Joaquín Yáñez, 6, segundo andar), Xosé Tomás presenta a novela gráfica Nómades, publicada en Galaxia. No acto o autor estará acompañado por Francisco Castro.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Noia: presentación de Diáspora, de Neves Soutelo
O venres 9 de marzo, ás 20:00 horas, na Casa da Cultura Antón Avilés de Taramancos de Noia, preséntase o libro Diáspora, de Neves Soutelo, publicado en Acha Escrava Editora.
Cangas: presentación de Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas
O venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, na Libraría Maraxe (Avenida de Marín, 9) de Cangas, terá lugar a presentación e un recital poético da obra Infancia de vacas mortas, de Daniel Costas, publicada en Barbantesa. O recital estará acompañado dunha proxección de imaxes e música.
Allariz: presentación de Leccións de cousas, de Antón Reixa
O venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Fogar dos Maiores (Campo da Barreira, 3) de Allariz, preséntase Leccións de cousas, de Antón Reixa, publicado en La Oficina de Arte. No acto participa, xunto ao autor, Miguel Anxo Fernández.
Pontevedra: presentación-debate de Verbas no ar, de Iria Morgade
O venres 9 de marzo, ás 19:30 horas, na Libraría Paz (Rúa da Peregrina, 29) de Pontevedra, terá lugar unha presentación-debate sobre a novela Verbas no ar, de Iria Morgade, obra gañadora do VII Premio Biblos. Este encontro pretende crear un lugar de debate, de encontro de ideas e de reflexión. O encontro comezará cunha breve proxección documental, seguido dun pequeno diálogo coa novela.
Santiago: presentación de Sherezade. Novos relatos de pensamento creativo, de Carlos L. Medrano
Chantada: presentación de O penalti de Fuco, de Afonso Eiré
O venres 9 de marzo, ás 20:30 horas, no Círculo Recreativo e Cultural (Casino) de Chantada, preséntase a novela O penalti de Fuco, de Afonso Eiré, publicado en Baía Edicións. No acto, xunto ao autor, participan Xosé Manuel Rodríguez Aguiar, Kiko Novoa e Patricia Gómez Uzal.
A Estrada: presentación de Mulleres na guerrilla antifranquista galega, de Aurora Marco
O xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas, na sala de exposicións de Novagalicia Banco da Estrada, a Asociación Cultural Vagalumes, con motivo do Día Internacional da Muller, realizará un acto de presentación do libro da profesora Aurora Marco Mulleres na guerrilla anfranquista galega, no que se proxectarán imaxes do documental As silenciadas, de Pablo Ces. No acto, xunto á autora, intervirá Francisco Pillado.
Pontevedra: Salón do Libro Infantil e Xuvenil 2012, presentación do xoves 8
Do domingo 4 ao sábado 31 de marzo, no Pazo de Cultura de Pontevedra, regresa o Salón do Libro Infantil e Xuvenil para achegarnos ao mundo da literatura. Este ano o Salón, que ten a Paco Martín como autor homenaxeado, indagará nas supersticións; de onde veñen estas crenzas, na importancia dos números nos contos, na boa e mala sorte e nas historias dos nosos maiores e como se trasladan á literatura infantil. Temos preparado un amplo programa de actividades no que toda a familia pode participar porque, no Salón, rapaces e maiores percorren xuntos e descobren o universo dos libros. O horario de apertura será de luns a venres de 9:30 a 13:30 h., e de 16:30 a 20:00 h., e os sábados de 10:00 a 13:30 horas. O programa completo pódese descargar aquí: programa_salon_libro_2012.
– O xoves 8 de marzo, ás 18:30 horas, na Sala de exposicións, preséntase o libro O rei da floresta, de Adela Figueroa, publicado por Edicións do Castro.
Santiago: presentación de A cidade na poesía galega do século XXI
O xoves 8 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase o libro A cidade na poesía galega do século XXI, publicado en Toxosoutos. No acto interveñen Yolanda Castaño e Manuela Palacios.