Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Vilanova de Cerveira: presentación de Argola, de Marta Dacosta
Ourense: actividades destacadas do sábado 7 e domingo 8 na Feira do Libro
O
sábado 7 e domingo 8 de xuño finaliza a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para eses dous días:
Sábado 7
– 19:30 h. Presentación do libro disco Brinca vai!, de Paco Nogueiras, con ilustracións de David Pintor, publicado por Kalandraka.
Domingo 8
– 18:30 h. O soño de Esther. Contacontos a cargo de Miguel Ángel Alonso Diz. Actividade promovida por Nova Galicia Edicións.
– 19:30 h. Presentación do libro Como ser reintegracionista sen que a familia saiba, do escritor Eduardo Sanches Maragoto, publicado por Edicións do Cumio.
Muxía: presentación de Expansión, de Suso Bahamonde
A Coruña: presentación de Onde nunca é mañá, de Manuel Álvarez Torneiro
Ourense: actividades destacadas do venres 6 na Feira do Libro
O
venres 6 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:00 h. Charla coloquio de Xoán Doldán e Afonso Fernández sobre o libro Guía para o descenso enerxético, publicada pola Asociación Véspera de Nada, por unha Galiza sen Petróleo.
– 20:00 h. Presentación do libro Um pouco acima da miséria, de Amadeu Baptista, gañador do XXIX Premio de Poesía Cidade de Ourense.
– 20:00 h. O escritor e xornalista Pemón Bouzas asinará exemplares da súa novela A voz do vento, publicada en Xerais, e do resto da súa obra, na caseta da Libraría Pedreira.
– 21:00 h. Presentación do libro O sol do pasado, de Jorge Emilio Bóveda, publicado por Urco Editora.
Camariñas: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 6 de xuño, ás 19:30 horas, no Auditorio do Faro do Cabo Vilán (Camariñas), preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, coorganizado pola editora e a Asociación de Empresarios e de Promoción Turística de Camariñas, participa, xunto ao autor, Carmen Pérez.
Compostela: presentación de Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas
O
venres 6 de xuño, ás 20:00 horas, na Libraría Pedreira (Rúa do Home Santo) de Santiago de Compostela, preséntase Días de Cuba, de Xosé Neira Vilas, publicado en Galaxia. No acto, xunto ao autor, participan Valentín García Gómez, José Antonio Solana (Cónsul Xeral de Cuba en Galicia) e Víctor F. Freixanes.
Bueu: charla-debate con Teresa Moure arredor de Politicamente incorreta
Ourense: actividades destacadas do mércores 4 na Feira do Libro
O
mércores 4 de xuño continúa a Feira do Libro de Ourense (na Alameda), con horarios de 11:00 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 h., cos seguintes actos literarios destacados para ese día:
– 19:30 h. Presentación do libro O espido de Gina, de Miguel Anxo Fernández, publicado en Galaxia. Xunto co autor, participan no acto José Manuel Rubín e Víctor Freixanes.
– 20:30 h. Presentación do libro Peinador, do escritor Rubén Martínez Alonso gañador do XIV Premio Risco de Creación Literaria, publicado pola Editorial Sotelo Branco.




