O
xoves 6 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago de Compostela, preséntase Paisaxes de pan, de Ánxela Gracián, de Bourel Edicións. No acto, xunto á autora, interveñen Xesús Alonso Montero, Antonio Piñeiro e o músico Xurxo Fernandes.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
A Coruña: presentación de A fuxida, de Berta Dávila e Inma Doval, e exposición dos orixinais das ilustracións
Lugo: presentación da Obra reunida (1994-2008) de Verónica Martínez Delgado
A
cuarta feira 5 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Biblos (Rúa Ramón Ferreiro, a dez metros da Praza da Horta do Seminario) de Lugo, preséntase Obra reunida (1994-2008), de Verónica Martínez Delgado, publicado por Amargord. No acto, xunto á autora, participan José Estévez, Carmen Blanco e Susana Vázquez e María José Fernández López, quen recitarán acompañando á poeta.
Ourense: presentación de De Voces Ceibes a Milladoiro, de Antón Seoane
A Pobra do Caramiñal: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
venres 28 de febreiro, ás 20:30 horas, na Tenda-Escola O Deán (Rúa Rafael Calleja, 11-13) da Pobra do Caramiñal, nun acto convocado pola Asociación Cultural Barbantia, Edicións Xerais, La Voz de Galicia e a Libraría Ler da Pobra do Caramiñal, preséntanse o número 92 do suplemento cultural A Voz de Barbantia e Cadeas, de Xabier López. Intervirán Amparo Cerecedo, Agustín Agra e o propio autor.
Vigo: presentación de Janela Aberta, de José Alberte Corral
A
sexta feira 28 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Cartabón (Rúa Urzaiz, 125) de Vigo, preséntase Janela Aberta, libro de relatos de José Alberte Corral, publicado por Através Editora. No acto estará presente o seu autor.
Arteixo: presentación de Mar de paixón, de Héctor Pose e Luís Porto
O
venres 28 de febreiro, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase Mar de paixón. O fútbol na Costa da Morte, de Héctor Pose e Luís Porto. No acto, os autores do libro estarán acompañados por Xulio López Valcárcel.
Pontevedra: presentación de Cadeas, de Xabier López
O
xoves 27 de febreiro, ás 20:00 horas, no Salón de Actos da Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11) de Pontevedra, preséntase Cadeas, de Xabier López, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial e o Ateneo de Pontevedra, participan, xunto ao autor, Ramón Rozas, Xaime Toxo e Manuel Bragado.
Compostela: presentación de A Burra Ramona, de Paula Carballeira e Xosé Tomás
Betanzos: presentación de Sete Caveiras, de Elena Gallego
O
mércores 26 de febreiro, ás 20:00 hroas, na Libraría Biblos (Rúa Santiago, 4) de Betanzos, preséntase Sete Caveiras, de Elena Gallego, publicado en Xerais. No acto participa a propia autora.


