Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Betanzos: acto polo Día do Libro
Betanzos: presentación de Politicamente incorreta, de Teresa Moure
A
cuarta feira, 23 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Carricanta de Betanzos (Rúa Doutor José Fariña, 1), preséntase Politicamente incorreta. Ensaios para um tempo de pressas, de Teresa Moure, publicado en Através Editora.
Ribadeo: presentación de O solpor da cupletista, de María Xosé Queizán
Vigo: presentación de Fóra de portas, de Roi Vidal
O
martes 22 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Andel (Avenida das Camelias, 102) de Vigo, preséntase o libro Fóra de portas. Paseo libre e non moi respectuoso polos tempos e lugares de Roberto Vidal Bolaño, de Roi Vidal, publicado por Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Afonso Becerra.
Celanova: presentación de Onde beben os cervos que amansou o calígrafo, con poemas de Baldo Ramos e gravados de Carlos González Villar
O
sábado 19 de abril, ás 12:00 horas, na Fundación Curros Enríquez (Rúa Curros Enríquez, 37), de Celanova, preséntase o libro-catálogo Onde beben os cervos que amansou o calígrafo, coa presenza dos seus autores, Baldo Ramos e Carlos González Villar.
Xosé Estévez: presentación de Un crego atípico na Fonsagrada (1967-1969), de Xosé Estévez
Entrevista de Carme Vidal a Xosé Estévez en Sermos Galiza.
Fisterra: presentación de Fisterra. A derradeira perla de Occidente, de Modesto Fraga
Bruxelas: presentación da tradución de Ulises, de James Joyce
O
xoves 10 de abril, ás 18:00 horas, na Livraria Orfeu (Rue du Taciturne 43 Willem de Zwijgerstraat) de Bruxelas, preséntase, nun acto organizado pola Asociación Couto Mixto, a tradución galega do Ulises de James Joyce, publicada por Galaxia. No acto participan Ramón Neto e dous dos tradutores, Xavier Queipo e Antón Vialle.




