Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Cee: presentación de Universo Pitágoras, de Rocío Leira
Arteixo: presentación de As Crónicas de Bran (I). A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan
O
sábado 13 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Á lus do Candil (Rúa Historiador Vedía, 3) de Arteixo, preséntase As Crónicas de Bran (I). A revolta dos Mestres, de Xosé Duncan, publicado por Contos Estraños. No acto, xunto ao autor, participa Modesto Fraga.
A Coruña: presentación de Matriarcas, de Montse Fajardo
O
venres 12 de abril, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18), da Coruña, terá lugar a presentación do libro Matriarcas, mulleres en pé de vida, coa súa autora Montse Fajardo.
Noia: presentación de Monicreques, de Xosé Daniel Costas Currás
Lugo: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 12 de abril, ás 20:00 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicada en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Primitivo Iglesias Sierra e Manuel Bragado.
Corcubión: presentación de Herdeiros pola forza, de Xurxo Ayán e Manuel Gago
Presentación de novidades de Urco editora
O
venres 12 de abril, ás 19:00 horas, na Biblioteca Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntanse as novidades editoriais en fantasía, ciencia ficción e terror de Urco Editora:
– O clan dos lupercos, de William Morris.
– O anxo da revolución, de George Griffith.
– Os botes do Glen Carrig, de William Hope-Hodgson.
– Fungos de Yuggoth, poemas impíos de H. P. Lovecraft.
– Ninguén Lembra, de Vanesa Santiago.
– Contos de Soños e Sombras, de Ariza Piñeiro.
Pontedeume: presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas
O
xoves 11 de abril, ás 20:00 horas, no Local de Maiores de Pontedeume, terá lugar a presentación de As voces baixas, de Manuel Rivas, publicado por Xerais, nun acto organizado polo Ateneo Eumés e a editora.




