Desde
Cultura Galega:
“A Asociación Galega para o Libro Infantil e Xuvenil, Galix, en colaboración coa Asociación Galega de Editores e mais a Consellaría de Cultura, presentaron o Galician Books for Children & Young Adults 2013. Este catálogo recolle as 144 novidades que tiraron 40 editoras galegas para os máis novos ao longo do pasado ano. O volume, do que se editaron 500 copias e que estará tamén dispoñible na rede, será a carta de presentación das firmas e mais dos autores do país en feiras internacionais como as de Boloña, que se celebra entre os vindeiros días 25 e 28, Bos Aires, Guadalaxara ou Frankfurt, que se reincorpora ao calendario internacinal dos editores galegos, entre outras citas internacionais.
Segundo destacou Francisco Castro, de Galix, o proxecto achega sinopses en tres linguas e ilustracións de cada unha das obras, así como o contacto tanto dos editores como dos autores. Pola súa banda, Manuel Bragado, da Asociación Galega de Editores, destacou a importancia da LIX no mercado galego, que supón o 20% das vendas das editoras, apuntando o éxito internacional do álbum ilustrador e a aposta crecente pola banda deseñada entre os editores do país.”
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Baio, Zas: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
venres 22 de marzo, ás 21:00 horas, no Auditorio Municipal de Baio (Zas), a A. M. C. Pepe Valiña-Coral Xan Mella e Edicións Xerais presentan Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez. No acto, xunto ao autor, participan Antonio Díaz Amor, Xosé María Rei Lema, María Canosa e Manuel Bragado.
Boiro: presentación de Ocultos. Animais extraordinarios
Santiago: lanzamento de Mordida, de Eugénio Outeiro
A
sexta feira 22 de marzo, ás 20:00 horas, na Ciranda-Lilith (Rúa Travesa, 7) de Santiago de Compostela, preséntase Mordida, o último poemario de Eugénio Outeiro, publicado por Através Editora. No acto participa, xunto ao autor, Xurxo Nóvoa Martins.
A Pobra do Caramiñal: presentación de Sete de Biblos
Santiago: presentación de O mistério da escada interior, de Adela Figueroa
Santiago: presentación de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez
O
mércores 20 de marzo, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro de Santiago de Compostela (Praza de Cervantes, 6), preséntase de Costa do Solpor, de Xosé María Lema Suárez, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Manuel Bragado e Xesús Ferro Ruibal.
Marín: presentación de Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor
O
venres 15 de marzo, ás 20:00 horas, na Biblioteca Museo Manuel Torres de Marín, preséntase o libro Columnas de papel, de Xosé Vázquez Pintor, publicado por Edicións Morgante. No acto, promovido por Queremos Galego, participan, xunto ao autor, Anxa Correa.
Vila Nova de Cerveira: presentación do volume I da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño
O
sábado 16 de marzo, ás 16:00 horas (hora portuguesa), na Livraria Porta XIII de Vila Nova de Cerdeira, preséntase o volume I da Obra completa de Roberto Vidal Bolaño, publicada por Positivas. No acto, onde se falará do autor e da súa obra, participan Xosé Manuel Fernández Castro e Francisco Macías.
Pontevedra: O mundo secreto de Basilius Hoffman, no Salón do Libro
O
sábado 16 de marzo, ás 17:30 horas, no Salón do Libro de Pontevedra, que se celebra na Sala de Exposicións do Pazo da Cultura, terá lugar a presentación de O mundo secreto de Basilius Hoffman da man dos seus creadores, Fernando Cimadevila e Iván Valladares, a cargo de Urco Editora. A idade recomendada é a partir de 10 anos.



