O
venres 25 de xaneiro, ás 20:30 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22) da Coruña, preséntase Esplendor arcano, de Ramiro Torres. O acto consistirá nun acto do Grupo Surrealista Galego, onde haberá un recital colectivo de poesía, aberto á participación do público presente, acompañados pola música de Karlos Barral e Alberto Laso.
Arquivo da categoría: Presentacións de libros
Ferrol: presentación de Letras de amor e guerra, de Ramiro Vidal Alvarinho
Lugo: presentación de A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval
O
xoves 24 de xaneiro, ás 20:15 horas, na Librería Biblos (Rúa Salvador de Madariaga, 1, local 4) de Lugo, preséntase a novela A noite branca, de Francisco X. Fernández Naval, publicada en Xerais. No acto participan, xunto ao autor, Carmen Blanco e Fran Alonso, co acompañamento musical de Carlos Arias.
Santiago: presentación do número 196 da revista Grial
O
xoves 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, no Salón de actos do Consello da Cultura Galega, terá lugar a presentación do número 196 da revista Grial, centrada sobre a figura de Carlos Casares. No acto participan Ramón Villares, Víctor F. Freixanes, Dolores Vilavedra e Henrique Monteagudo.
Pontevedra: entrevista aberta con Xosé Neira Vilas
O
xoves 24 de xaneiro, ás 19:00 horas, na Librería Cronopios (Rúa Frei Xoán de Navarrete, 5) de Pontevedra, a xornalista Susana Pedreira, de Onda Cero, faralle unha entrevista aberta á participación do público a Xosé Neira Vilas. Ao remate o autor asinará exemplares das súas obras.
Santiago: presentación de Todo OK, de Diego Ameixeiras
O
xoves 24 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes, 6) de Santiago, terá lugar a primeira presentación da novela Todo OK, de Diego Ameixeiras, publicada en Xerais. Xunto ao autor, participan Fran P. Lorenzo e Manuel Bragado.
A Coruña: presentación de Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia
A
cuarta feira 23 de xaneiro, ás 20:30 horas, na Livraria Suévia (Rúa Vila de Negreira, 32), da Coruña, preséntase Nântia e a Cabrita d’Ouro, de Concha Rousia, publicado en Através Editora. No acto, xunto á autora, participa Manuel Miragaia.
Marín: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
luns 21 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa da Veiguiña (Praza da Veiguiña) de Marín, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais.
Paiosaco: presentación de Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón
O
sábado 19 de xaneiro, ás 18:00 horas, no local da Asociación de Veciñas e Veciños Campo da Feira (Avenida de Bergantiños, 48) de Paiosaco, preséntase o libro Como falar e escribir en galego con corrección e fluidez, de Carlos Callón, publicado en Xerais.
Pontevedra: presentación de Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello
O
venres 18 de xaneiro, ás 20:00 horas, na Casa das Campás de Pontevedra, preséntase Laura no deserto, de Antón Riveiro Coello, publicada por Galaxia. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo, coa colaboración do Concello de Pontevedra e a Editorial Galaxia, intervirán, xunto ao autor, Luís Bará e Carlos Lema.
Reportaxe posterior en Galaxia.
