Arquivo da categoría: Recitais
Cabana de Bergantiños: actos destacados no I Congreso Internacional de Escritores de Cabana para o venres 18 de marzo
O venres 18 de marzo destacamos as seguintes actividades dentro do I Congreso Internacional de Escritores de Cabana (na ligazón pode descargarse o programa completo):
– 18:30 horas, no Dolmen de Dombate: I Recital poético (en galego). Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Yolanda Castaño e Rosa Méndez.
A Coruña: recital de Rosalía Fernández Rial e Ricardo Domeneck no Ciclo Poetas Di(n)versos
O
luns
14 de marzo, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Cultura da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Rosalía Fernández Rial e o poeta brasileiro Ricardo Domeneck. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos marzo 2016.
Allariz: Ponme un poemiña!, con Yolanda Castaño, e Ponme un poema!
Vilagarcía: LVII Mesa das Verbas
“Teremos unha especial atención cara a Rosalía de Castro e a súa obra, como tamén especialmente este ano teremos moi presente a Manuel María.”
Vigo: Círculo Poético Aberto, o sábado 12 de marzo
“Xa
está de volta o Círculo Poético Aberto co marzal, o teu espazo en galego e para o galego. Estamos no Café Uf “Negra Sombra Blues” o segundo sábado do mes de marzo, día 12, ás 22:00 horas, na rúa do Pracer nº 19 en Vigo. Queres participar?, pois podes facelo con poesía, música, performance, monólogo, o que queiras… Só pedimos que sexa en galego e/ou portugués.” Organizado por Penúltimo Acto.
Cee: I Gala Solidaria do Día da Muller, Implícate!
Vigo: recital aberto de poesía de xénero
O
luns 7 de marzo, ás 20:00 horas, no salón de actos da Casa Galega da Cultura (Praza da Princesa), en Vigo, terá lugar un recital aberto de poesía de xénero, no marco do programa de actos que con motivo da conmemoración do “8 de marzo”, Día Internacional das Mulleres, organizado polo Consello Municipal da Muller e a Concellería de Igualdade do Concello de Vigo. O acto está aberto ao público ata completar o aforo do local. O acto quere ser coral, polo que se pide ás persoas participantes que achegasen un poema da súa escolla sobre a temática de “muller” e/ou “igualdade”, que se compartiría co público presente.
Compostela: recital In-verso en Compostela, con Lorena Rei, Ramiro Vidal Alvarinho e Rosa Enríquez
O
venres 4 de marzo, ás 21:30 horas, no Airas Nunes Café (Rúa do Vilar, 17, baixo) de Santiago de Compostela, terá lugar o primeiro recital de poesía no ciclo In-verso en Compostela, organizado pola Lanzadeira de Alcor e o Airas Nunes Café. Recitarán: Lorena Rei, Ramiro Vidal Alvarinho e Rosa Enríquez. Presenta: Manuel L. Rodríguez.
Homenaxe a Lois Pereiro na Coruña, desde o Zig-zag
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Zig-zag recolle un vídeo con parte da homenaxe O fillo da furia. 20 voces por Lois, que tivo lugar o domingo 28 de febreiro na Coruña. Pode verse aquí.”



