O
luns 16 de maio, ás 19:00 horas, na Biblioteca Xosé Neira Vilas (Rúa Martínez Garrido, 21) de Vigo, terá lugar unha lectura pública da biografía de Lois Pereiro, en véspera da celebración do Día das Letras Galegas, na que participarán tanto autoridades, como o concelleiro de cultura, Xesús López Carreira, como todas aquelas persoas que queiran acercarse á biblioteca. Tras este achegamento á vida do autor a poeta Olga Patiño levará a cabo un recital poético-visual no que presentará algúns dos poemas máis relevantes de Lois Pereiro, acompañada polo escritor Francisco Fernández Naval e a fotógrafa Maribel Longueira.
Arquivo da categoría: Recitais
Ferrol: presentación de As outras historias, de Paula Carballeira
O
luns 16 de maio, ás 19:30 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, presentación de As outras historias, de Paula Carballeira, publicado en Galaxia, e sesión de contos-poema con Paula Carballeira e Chiqui Pereira.
Barcelona: acto conxunto Galicia na voz dos poetas, no Ajuntament de Barcelona
O
sábado
14 de maio, ás 20:00 horas, no Saló de Cent do Ajuntament de Barcelona, Xesús Rábade Paredes, Helena Villar Janeiro e Pura Salceda participarán no acto conxunto Galicia na voz dos poetas, nun acto institucional organizado pola Federación de Entidades Culturais Galegas en Catalunya (Fegalcat), coa colaboración do Ajuntament.
Santiago: recital poético organizado por Tinta de Lura e a Libraría Couceiro
O
sábado 14 de maio, ás 19:30 horas, na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, terá lugar un recital poético coa participación de Xabier Xil Xardón, Alicia Fernández e Lucía Novas Garrido, organizado por Tinta de Lura en colaboración coa Libraría Couceiro.
Sanxenxo: recital aberto de poesía polo Día das Letras Galegas
Vigo: nova edición do Círculo Poético Aberto
O
sábado 14 de maio, ás 21:00 horas, no Café Uf Negra Sombra (Rúa Pracer, 19) de Vigo, terá lugar unha nova edición do Círculo Poético Aberto promovido polo Grupo Penúltimo Acto. O acto, que comezará ás 21.00 h., contará coas intervencións de Dara Escribano, Simón Cabo, Belém Grandal, Iria Bragado, Fernando Rodríguez, Jaime Moreda, Cruz Martínez, rosanegra…
Vigo: recital-conferencia Itinerario poético pola defensa do idioma, por Carlos Callón
O
xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no local da Mesa pola Normalización Lingüística en Vigo (Rúa Abeleira Menéndez, 28, baixo), terá lugar un Itinerario poético pola defensa do idioma, a cargo do seu presidente, Carlos Callón. No recital-conferencia, organizado en colaboración co Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Vigo, farase un percurso pola historia contemporánea da lingua galega partindo de textos poéticos que a reivindican, desde os albores do Rexurdimento até os versos máis actuais das novas fornadas creativas. Segundo o autor, “nos poemas que se abordarán no evento de hoxe, poderemos constatar a forza destes creadores e creadoras para que a lingua galega sobreviva e se revitalice; en fin, a forza dun pobo que quere existir, que se nega a ser asimilado”.
Ourense: representación de Mago Goma, por Toño Núñez
O
venres 13 de maio, ás 18:00 horas, na Libraría ZampaContos (Rúa Santo Domingo. Galerías Sol, Local 21) de Ourense, Toño Núñez, autor de Mago Goma, publicado en Kalandraka, recitará este conto rimado e compartirá cos rapaces e rapazas a súa experiencia como escritor, lector e mestre. Ao remate do encontro co autor farase a entrega dos premios do IV Concurso A conquista da illa marabillosa de Relatos Ilustrados.
Lugo: presentación de Lois Pereiro. O negro leite da aurora
O
venres 13 de maio, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Praza de Santo Domingo, 4), preséntase o libro Lois Pereiro. O negro leite da aurora, de José Luís Calvo e Carlos Gegúndez, publicado en Toxosoutos. Tras a presentación terá lugar un recital por parte dos poetas colaboradores no volume.

