Arquivo da categoría: Teatro
Santiago: Ramón Otero Pedrayo, no ciclo Galicia, ceo das letras
O
sábado 20 de outubro, dentro do Ciclo Galicia, ceo das letras, que se desenvolven na Biblioteca da Cidade da Cultura, o protagonista será Ramón Otero Pedrayo. O programa é o seguinte:
– 12:00 h. Relatorio, por Ramón Villares.
– 13:00 h. Fidalgo (40 minutos). Peza teatral representada pola compañía Casahamlet baseada en diferentes textos de Otero Pedrayo. Interpretada por Manuel Lourenzo e Rubén Espejo, co apoio musical de Brandán Lourenzo.
Presenta: Víctor F. Freixanes, escritor e presidente da Fundación Otero Pedrayo.
Para acceder á actividade é preciso reservar previamente aquí.
A Coruña: cursos de formación 2012-2013 da A. C. Manicómicos
Santiago: Homenaxe a Roberto Vidal Bolaño. Un home do aquí, o 27 de outubro
Crónica posterior en Sermos Galiza.
Santiago: exposición O libro das pontes invisibles / The book of invisible bridges, de Xelís de Toro
“Trinta
textos en galego de Xelís de Toro traducidos ao inglés. Catorce artistas que crearon obras nas súas respectivas especialidades a partir dos mesmos. Un programa de radio de dúas horas. Un libro bilingüe cun DVD que o recolle todo. A galería Metro achega a Compostela ata o vindeiro 3 de outubro o proxecto O libro das pontes invisibles / The book of invisible bridges, cunha selección das obras que naceron no marco desta iniciativa que pretende explorar os límites da creación poética e do libro como artefacto artístico. A mostra xa se puido ver entre o 14 de xullo e o 12 de agosto na galería Phoenix, de Brighton, e o libro está en distribución por Galicia da man de Edicións Positivas. Aínda que a maior parte dos creadores que participan na iniciativa son de orixe inglesa, O libro das pontes invisibles / The book of invisible bridges contou tamén coa participación de galegos como Narf, o grupo de teatro Chévere ou a fotógrafa Dolores Sánchez Calvo.” Desde Cultura Galega.
Carballo: Festival Internacional Outono de Teatro
Do
xoves 4 ao mércores 31 de outubro celébrase en Carballo unha nova edición do Festival Internacional Outono de Teatro, organizado Asociación Cultural Telón e Aparte coa colaboración do Concello de Carballo. Aquí pódese descargar o programa completo.
A Coruña: representación de Snakizados, de Áncora Produccións, con Gustavo Pernas
A Coruña: O texto e o público, obradoiro dirixido por Lino Braxe
O texto e o público
é un obradoiro de teatro aplicado ao texto poético, dirixido por Lino Braxe, cos seguintes fundamentos: A búsqueda do corazón do texto. A música interior da obra literaria. A expresión exterior do corazón e da música. A leitura da obra. A comunicación ao público da nosa criación.
RESUMO
– Nivel: Iniciación.
– Duración: Trimestral. Prazas limitadas.
– Datas de inicio e finalización: 01/10/2012 ao 17/12/2012.
– Horario: luns de 18:00 a 20:00 horas.
– Prezo: 60 €/mes socios. 80 €/mes non socios.
– Inscrición: aquí.
Vigo: VII Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega, co patrocinio da Secretaría Xeral de Política Lingüística e a colaboración da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, organiza o VII Ciclo de mesas redondas Escritoras/es na Universidade, co lema Por que(n) escribir / Para que(n) escribir. Os actos celebraranse no Salón de Actos da Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, ás 12:00 horas. O programa é o seguinte:
– Xoves 20 de setembro. Mesa redonda de poesía. Con María Lado e Olga Novo.
– Xoves 4 de outubro. Mesa redonda de narrativa. Con Xosé Neira Vilas e Antón Riveiro Coello.
– Xoves 18 de outubro. Mesa redonda de teatro e ensaio. Con Quico Cadaval e Carlos Callón.
Santiago: O Salón Teatro acollerá o 27 de outubro a primeira gran homenaxe do Ano Vidal Bolaño
“O
ano Roberto Vidal Bolaño vai collendo corpo. Este martes 11 de setembro farán dez anos do seu falecemento e dende a contorna do escritor estase xa a ultimar unha gran homenaxe para lembrar o dramaturgo a quen se lle dedica o Día das Letras Galegas do próximo ano. O tributo celebrarase o 27 de outubro no Salón Teatro de Compostela e pretende ser unha gala na que se lembre todas as dimensións do autor de Saxo Tenor. “O acto está pensado como unha gran gala con actuacións musicais e teatrais. A idea é que sexa unha homenaxe na que estean presentes os seus amigos e participen persoas da cultura e da sociedade”, explica Roi Vidal, fillo do dramaturgo, quen xa adiantara en Praza que esta homenaxe tamén buscaría “subliñar o conxunto da traxectoria vital do escritor”. (…)
Ademais das montaxes teatrais e a homenaxe de outubro, unha das principais iniciativas ao redor de Vidal Bolaño dos próximos meses será a publicación das obras completas do dramaturgo. Será o selo Positivas o responsable de levar, a partir do próximo xaneiro, todos os textos do escritor ás librarías nunha colección de cinco tomos diferentes. (…) As obras completas dividiranse segundo o criterio establecido polo profesor Xosé Manuel Fernández Castro na súa tese de doutoramento sobre o dramaturgo, publicada por Laiovento en 2011 baixo o título A obra dramática de Roberto Vidal Bolaño. O propio Fernández Castro colabora activamente, xunto a Roi Vidal e Paco Macías, na publicación da obra completa, que será repartida en catro tomos titulados Agora, Outrora, Antroido e Adaptacións. Nun quinto volume recolleranse os textos non dramáticos, nos que se inclúen artigos e guións audiovisuais. (…)” Vía Praza.





