A Coruña: “Investigación en teatro portugués”, no II Encontro Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor

“No marco da inauguración da segunda etapa das publicacións da Biblioteca-Arquivo Francisco Pillado Mayor, o próximo día 28 de maio vai ter lugar un Encontro de investigadoras e investigadores no teatro en lingua portuguesa, en que participarán especialistas en literatura dramática portuguesa e na súa encenación e recepción.
O Encontro, organizado polo Grupo de Investigación en Lingua e Literatura Galegas ILLA (https://illa.udc.gal/), visa focar os principais pontos de interese da investigación actual e estabelecer pontes de colaboración entre ILLA e outros centros portugueses de pesquisa neste ámbito.
As sesións desenvolveranse online e poderase acceder libremente a elas através da ligazón: https://n9.cl/ve1l6.
O acto decorrerá consonte o seguinte programa:
10:00 h. Benvida da coordinadora do grupo ILLA, Teresa López
10:20 h. Presentación da nova etapa das coleccións da Biblioteca-Arquivo Teatral Francisco Pillado Mayor
10:45 h. Exposición de Fernando Matos de Oliveira, profesor especialista en Estudos Teatrais da Universidade de Coimbra e director do Teatro Académico Gil Vicente
11:10 h. Exposición de Francesca Rayner, profesora da Universidade do Minho e coordenadora do Research Team in Performance Studies desta universidade
11:35 h. Exposición de Helder Maia, profesor da Escola Superior de Música, Artes e Espectáculo do Porto
12:00 h. Exposición de José Alberto Ferreira, investigador da Escola de Artes (especialidade de Artes Cénicas) da Universidade de Évora
12:25 h. Exposición de Rui Madeira, director da Companhia de Teatro de Braga
12:50 h. Exposición de Rui Pinha Coelho, investigador do Centro de Estudos de Teatro da Universidade de Lisboa
13:15 h. Exposición de António Augusto Barros, presidente de Cena Lusófona e director da compañía Escola da Noite.
13:35 h. Diálogo entre as persoas participantes
14:00 h. Encerramento do encontro”

Tabela dos libros. Maio de 2021

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros, que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”

Compostela: actividades destacadas dos 8 e 9 de maio na Feira do Libro 2021

O 8 de maio comeza a Feira do Libro de Santiago de Compostela (no Paseo Central da Alameda), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, con horarios de 11:30 a 14:00 h. e de 17:30 a 21:00 h., cos seguintes actos literarios destacados dentro do seu programa para este fin de semana:

Sábado 8
12:30 h. Pregón de inauguración a cargo de Arantza Portabales.
13:00 h. Arantza Portabales asina A vida secreta de Úrsula Bas, publicada por Galaxia, e Historias de Mentes, publicada por Bululú.
13:00 h. Esther Carrodeguas asina Malcriada e 32m2, publicadas por Positivas.
18:00 h. Yolanda Castaño asina Xela quixo ser ela, publicado por Xerais.
18:00 h. Estefanía Padullés asina Leopoldo, o pequeno monstro, publicado por Hércules, e Un mundo para Maruxa, publicado por Belagua.
19:00 h. Luz Darriba asina Abril, publicado por Belagua.
19:00 h. Beatriz Busto Miramontes asina Um país a la gallega, publicado por Através.
20:00 h. Antón Reixa asina Outlet, publicado por Chan da Pólvora.
20:00 h. Andreia Costas asina Corazón de vaca e outras vísceras, publicado por Urutau.

Domingo 9
19:00 h. Carlos Negro asina Non cantan paxaros neste bosque, publicado por Xerais.
20:00 h. Manuel Gago asina Nus, publicado por Xerais.