A Coruña: presentación de Pangalaica, de Xurxo Souto
Obras gañadoras do XXIV Certame Francisco Añón de poesía 2020
“Suso de Toro: A historia rescatada”
Entrevista a Suso de Toro en Nós Diario:
“- Nós Diario (ND): A memoria xa estaba en Home sen nome e en Sete palabras indagaba na historia da súa familia. Un señor elegante supón, niso, unha continuidade…
– Suso de Toro (ST): Tamén na miña novela anterior, Fóra de si, un home reconstrúe a súa propia historia. Debe haber algo en min que explique que a miña imaxinación se dispare cara a atrás. No caso de Un señor elegante son historias persoais, pero tamén é a historia colectiva. O que fago é interrogar moito o personaxe de Ramón Baltar para reconstruír unha historia que non existe. A familia tiña unha memoria fragmentaria, pero non unha historia elaborada. Teño, ademais, interese en que este libro se lea. Penso que é importante para o país coñecer a historia dos Baltar. Porque axuda a mudar a percepción dominante do noso pasado.
– ND: Di iso porque é unha familia burguesa republicana e galeguista?
– ST: Traducido a categorías sociais sería iso, si. Son persoas dignas, optimistas, alegres, comprometidas co país. Non é unha historia triste. O triste é a historia de España e o que lle aconteceu á Galiza. A familia foi castigada, mais tivo a fortuna e a capacidade de atravesar todo aquilo e resistir. É unha historia chea de incidencias, algunhas moi divertidas.
– ND: Fixo un traballo de investigación importante. Como foi o proceso?
– ST: Foi distinto porque non o fixen eu só. Fíxeno dialogando cos fillos de Ramón, con tres dos seus fillos e unha das súas fillas. E ademais fixen algo que nunca fixera, que foi pedirlle axuda coa documentación á miña compañeira. Eu estaba escribindo outra novela e, para pedir seguir adiante con este proxecto, precisaba a súa axuda. Ramón chegou a ser tan familiar para min que me identifico moito con el… (…)”
Presentación dos XL Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero
Desde a Xunta de Galicia:
“O conselleiro de Cultura, Educación e Universidade, Román Rodríguez, participou o 12 de novembro xunto ao presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor Freixanes, na presentación dos XL Cadernos Ramón Piñeiro. Estudos arredor de Ricardo Carvalho Calero, unha publicación que conta coa colaboración de 19 expertos que, a través dunha vintena de artigos, debullan a vida e obra do autor homenaxeado nas Letras Galegas. (…)
A publicación presentada supón o volume número 40 dos Cadernos Ramón Piñeiro, un facsímile que ano tras ano ofrece documentos espistolares inéditos, semblanzas ou análises da obra dos autores máis relevantes da literatura galega contemporánea. No caso do último exemplar, a publicación pon en valor a traxectoria do autor como poeta, ensaísta, crítico e estudoso a través dunha vintena de artigos que, tal e como afirmou o conselleiro de Cultura e Educación, “deixan patente, unha vez máis, o acerto da Real Academia Galega ao escoller a figura homenaxeada nas Letras”.
“Estas páxinas recollen a traxectoria de Carvalho Calero, un traballador incansable que recolleu da Xeración Nós o imperioso deber de crear para sempre a cultura galega e que o asumiu como propio sendo un adolescente”, subliñou Román Rodríguez. Así, o conselleiro referiuse a Carvalho Calero como “unha das mentes máis brillantes e activas da súa xeración” capaz de destacar tanto no mundo da cultura desde moi novo, como de abrir novos camiños no ámbito educativo onde, entre outras cousas, se converteu no primeiro catedrático de Lingüística e literatura galega da Universidade de Santiago.”
Vídeo do “Recital Poesía (en) xénero”
Presentación virtual de Contrahistorias de Galicia, de Antonio Reigosa
Entrevista a Xavier Senín, Premio Nacional de Tradución
Entrevista a Xavier Senín no Diario Cultural da Radio Galega:
“Xavier Senín gaña o Premio Nacional de Tradución como homenaxe a toda a súa carreira e ao seu dominio da lingua.
A entrevista pode escoitarse aquí.”
Vídeo da presentación de Cadencias, de Manuel Portas
Aldaolado: “Somos as apóstolas das neofalantes”
Entrevista a Lucía Aldao e María Lado no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Ninguén morreu por ler poesía, de Ed. Xerais, é o primeiro libro que publican Aldaolado despois de 15 anos. O libro é un percorrido polos poemas, cancións e historias dos recitais cos que levan facendo xiras continuadas por todo o país. Ademais de poemas de distintos espectáculos, no libro inclúense tamén poemas inéditos de ambas as poetas.
A entrevista pode verse aquí.”
















