Vigo: presentación de A senda de sal, de Fran Fernández Davila
A Coruña: Luísa Villalta e as chaves do tempo
Luísa Villalta e as chaves do tempo é unha actividade organizada pola AELG e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda, coa colaboración de Monty4, Deputación da Coruña e Concello da Coruña.
As chaves do tempo quere ser un espazo de re-encontro multidisciplinar co verso, coa prosa, co diálogo atemporal, mais en presente continuo, coa poeta coruñesa Luísa Villalta. Porque queremos ler a Cidade Alta tatuada nos ollos da poeta que máis se representou nela.
SÁBADO 18 DE NOVEMBRO DE 2017
12:00 h.
A CIDADE SOBRE O ESPELLO DO MAR E DO VENTO, CON MARÍA CASAR
A inscrición previa, necesaria e gratuíta, farase en oficina@aelg.org ou no teléfono 981-133233, en horario de 09:00 a 14:30 horas, de luns a venres.
Un percorrido polos espazos da cidade da Coruña que Luisa Villalta poetizou nos libros En Concreto e Papagaio ofrécenos a fusión entre poesía e paisaxe que sinala o territorio como xerme da creación. A cidade do vento e do mar que se sabe sempre aí, medrando en ondas que mollan os ollos e lamben as xanelas, faise palabra e debúxase no vento en ceos poboados de nubes. A poeta re-constrúe a Cidade como lugar mítico, actualizando a súa inclusión no inventario dos TERRITORIOS literarios do noso país.
María Casar. Licenciada en Filoloxia Hispánica e en Humanidades. Presidenta da A.C. Ergueitos de Sarria e organizadora dende o ano 2000 do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño. Coordinadora dos roteiros Fiz Vergara na Xabreira por Santalla de Lóuzara, Sons de Mulleres na cidade de Vigo para Mulheres Nacionalistas Galegas e a concellaría de Igualdade e o roteiro Luisa Villalta na Coruña.
Plano do roteiro:
1. Xardíns Méndez Núñez. Estatua Pardo Bazán.
2. Obelisco.
3. Porta de Ares.
4. Pazo Municipal.
5. Papagaio.
6. Asilo rúa Adelaida Muro. Campo de Marte.
7. Cemiterio de San Amaro.
DESDE O MARTES 21 DE NOVEMBRO DE 2017
MONTY (RÚA PAPAGAIO)
EXPOSICIÓNS
- O Papagaio: A poesía de Luísa Villalta e as fotografías de Maribel Longueira
- Eu en nós: Soledad Penalta, Xurxo Gómez-Chao, Julia Ares e Ana Pillado reinterpretan a poesía de En concreto.
VENRES 24 DE NOVEMBRO DE 2017
20:00 – MONTY (RÚA PAPAGAIO)
CONFERENCIA: A MEMORIA DA CIDADE… DA CORUÑA. ENTENDER O PASADO, ABORDAR O PRESENTE.
Nesta palestra aportaremos algunhas chaves interpretativas do crecemento urbanístico da nosa cidade no século pasado con José María Cardesín Díaz, profesor na Facultade de Socioloxía da UdC.
VENRES 24 e SÁBADO 25 DE NOVEMBRO DE 2017
19:00 – 20:00 O MEU NOME É O DA CIDADE ALTA
Un paseo en bicicleta pola Coruña. A poesía de Luísa encherá de luz os espazos da cidade.
SÁBADO 25 DE NOVEMBRO DE 2017
13:30 REVOLTA LITERARIA
Para loitar contra o vento de esquecemento ateigado de orgullo percorremos a Cidade coa lectura da obra de Luísa.
A PARTIR DAS 16:00 – MONTY (RÚA PAPAGAIO)
ESCULTURA AO VIVO CON OLALLA FRANCO
18:30 – MONTY (RÚA PAPAGAIO)
CONCERTO PARA UN HOME SÓ
Eis a música que brota como o río da existencia. Dramatización de textos con Nacho Pena.
19:30 – MONTY (RÚA PAPAGAIO)
RECITAL POÉTICO
@s poetas a recitala… outra vez, sempre o vento dos ventos rodeando este ponto no mundo: Cabeza, Garda, Chave, Forza e Antemural do reino renacido.
DOMINGO 26 DE NOVEMBRO DE 2017
12:00 – IGREXA DAS CAPUCHINAS (R/ PANADEIRAS)
MÚSICA RESERVADA Grupo Instrumental Siglo XX / Florian Vlashi
- “Adagio” (Samuel BARBER)
- “Preludio” (P. PEREIRO)
- “Arte de Fuga” (J. S. BACH)
Con Florian Vlashi e Caroline Bournaud, violín; Arben Llozi, viola, Rediana Lukaçi, violonchelo; e a palabra de Yolanda Castaño.
LUNS 27 DE NOVEMBRO DE 2017
19:00 – MONTY (RÚA PAPAGAIO)
ENCONTRO C@S AMIG@S, PARA LER, RELER, LEMBRAR…
Mantedores: Flor Maceiras, Teruca Queiro e Xurxo Souto. Ven ao Monty e poderás percorrer a súa obra, pararte na que máis che guste, saborear, gozar con toda ela…
O xurado declara deserto o Blanco Amor de novela
Desde Galiciaé (foto: EP):
“O xurado do XXXVI Premio Blanco Amor de novela longa, reunido no Centro Cultural Marcos Valcárcel da Deputación de Ourense, acordou declarar deserta a presente edición.
A acta do xurado recolle que, unha vez concluída a deliberación, consideran que “ningún do vinte orixinais presentados alcanza a calidade literaria necesaria para ser premiado”.
“Sabedores do prestixio e traxectoria do galardón, somos conscientes de que un premio que leva o nome de Eduardo Blanco Amor debe procurar, como único obxectivo, a excelencia literaria”, apuntan.
O xurado estivo integrado por Luís González Tosar, presidente; Alba Cid Fernández, secretaria, e, como vogais, Xosé Carlos Caneiro, César Lorenzo Gil e Montse Pena Presas.”
Vigo: presentación de Limiar de conciencia, de Cris Pavón
Pontevedra: Xornadas Gálix. II Xornadas Desfacendo a raia
A escritora Emma Pedreira vence no Certame de Microrrelatos de Moaña
Desde Faro de Vigo:
“A escritora galega Emma Pedreira foi a gañadora do XV Certame de Microrrelatos que organiza a Lonxa Literaria de Moaña. Venceu co seu relato titulado Lelalela. (…)
A Lonxa Literaria lle entregará o premio característico deste certame, un lote de conservas da ría, no mes de xaneiro.
O texto gañador é o seguinte:
Lelalela
Non é que sexa rara, ten gustos definidos. Encántalle cantar, pero só en contacto coa auga. É como se fose serea, pero non quere ser romántica nin chorradas polo estilo e pénsase cabareteira, pero en plan ben, en plan Marlénditrich. Cando lava a louza canta baixiño, coas lubas plástico rosa, putyubleinonmi, bois. Só entende o dos bois e tira do bordo de goma, pupupidú. Deletréao co cu, como se tivese vinte e non case oitenta, iso non se di. Cando se ducha -nos días impares- fai algo de zarzuela. O resto dos días, que toca baño de asento, copla lixeira, delbarriodesantacrúereunhermozoclavé. Se hai pingueiras, que as hai, na súa bufarda velliña de pensionista, recolle gotas coa lingua e dáse a aquilo de miudiñomiudiño, e mesmo vai collendo unha lixeira borracheira; despois durme. Agora si, cando trona, cando o trebón de mediados de agosto ameaza con mandar unha chuvia case monzónica de tan mesta e pegañenta, Lilimarlén sae por rimeira e única vez da casa en todo o ano, coas botas militares herdadas de seu pai, morto dun disparo nas terras do Ebro, e cunha bata de guata que pagou en reais e oñeceu épocas de botóns e flores. Aí é cando canta até o dano, e remata chorando nas pozas, leliñaporqueneumorro, tola de amor, a vella tola. Hoxe tampouco virán por ela.“
Bases do 4º Premio Literario Nortear
Betanzos: presentación de Luns, de Eli Ríos
Compostela: XI Xornada de Xustiza e Lingua, reflexións para a normalización
Máis información aquí.