Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Entrevista a María Xosé Queizán, autora de Rosalía de Castro e o poder sexual, publicado por Xerais. Pode escoitarse aquí.”
Vigo: entrega do III Premio Literario Nortear á súa gañadora, Cecilia Fernández Santomé
A Coruña: Aldaolado, con María Lado e Lucía Aldao, no Mardi Gras
O
mércores 22 de novembro, a partir das 21:00 horas, na Sala Mardi Gras (Travesía da Torre, 8), na Coruña, Lucía Aldao e María Lado participan no 18 aniversario da Sala Mardi Gras. Hai unha entrada única de 6 euros.
Antón Baamonde participa no encontro “Carlos Casares, escritor e intelectual público”
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
““Unha vez que morre Ramón Piñeiro o galeguismo como proxecto social e político desaparece”. Antón Baamonde participa no Encontro Carlos Casares, escritor e intelectual público coa conferencia ‘Intelectuais e autonomía galega’. Pode escoitarse aquí.”
Pontevedra: presentación de Ceiba de Luz, de Manuel Lourenzo González
A Coruña: recital de Xosé Luís Méndez Ferrín e Raúl Zurita no Ciclo Poetas Di(n)versos
A
segunda
feira 20 de novembro, ás 20:30 horas, no Auditorio do Centro Ágora (Rúa Ágora, s/n) da Coruña, terá lugar unha nova edición do Ciclo Poetas Di(n)versos, coordinado por Yolanda Castaño e promovido pola Concellaría de Culturas da Coruña, cun recital de obra propia nun man a man de Xosé Luís Méndez Ferrín e o poeta chileno Raúl Zurita. Máis información aquí: Folleto Poetas Di(n)versos novembro 2017.
A Coruña: presentación de Anatomía da lingua (Lingua de amar, lingua de amor), de Antón Cortizas
Alberto Ramos faise co Premio Vicente Risco coa obra A simetría das bestas
Desde
Sermos Galiza:
“O xornalista Alberto Ramos recunca como gañador do Premio Risco de Creación Literaria –do Concello de Ourense e da Fundación Vicente Risco– coa obra A simetría das bestas. En 2012 recollera o galardón con Todos os días.
Unha obra de “corte filosófico” onde concede “un espazo de dignidade aos outros, aos diferentes, aos marxinados” –en palabras do xurado– deulle ao xornalista e escritor Alberto Ramos o XVII Premio Risco de Creación Literaria.
O xurado destacou o simbolismo da obra e o “moi bo manexo dos recursos narrativos”, así como a creación de personaxes “moi ben construídas” dadas as “discusións filosóficas”.
O premio consiste en 6 mil euros en metálico e na publicación de 150 exemplares. (…)”
Fallo do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia Rosa de Cen Follas
Desde
o Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia:
“O pasado 9 de novembro celebrouse a xuntanza do xurado do X Concurso Literario do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia “Rosa de Cen Follas”, composto pola Decana do COPG, Mª Rosa Álvarez Prada, a Coordinadora da Comisión de Cultura do COPG, Mª Concepción Rodríguez Pérez, a poeta Iolanda Aldrei e o xornalista Joel Gômez, para deliberar o fallo desta edición.
Nesta edición as persoas premiadas son:
Categoría de narrativa:
Gañador:
» “Encher de vida o peito”, de Carlos Mendez Leis.
Mención especial:
» “Retallos”, de Purificación Leal Docampo.
Categoría de poesía:
Gañadora:
» “Habitación compartida no materno-infantil”, de Verónica Martínez Delgado.
Mención especial:
» “Versos sen pan”, de Xosé Pompei.
O acto de entrega de premios terá lugar o martes 12 de decembro de 2017 a partir das 20:00 horas na sede do Colexio Oficial de Psicoloxía de Galicia (Espiñeira, 10-Baixo, Santiago de Compostela).



