Compostela: presentación de A dúbida, de María Reimóndez
Entrevista á escritora Eli Ríos
Desde a Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Vén de publicar Marta e a píntega. Pode accederse á entrevista aquí.
Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias da quinta feira 29
Dentro do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terá lugar en Ourense as seguintes actividades destacadas a quinta feira 29, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
– 18:00 h. Centro Cultural Marcos Valcárcel – Auditorio (Rúa do Progreso, 30). Escritores, editores e axentes literarios na periferia. (Fina Casalderrey, Mariasun Landa, Víctor F. Freixanes e Cristóbal Pera). Presenta: Manuel Guede.
– 19:00 h. Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5). Lusofonía no PEN (Dina Salústio, Mia Couto e João Paulo Borges Coelho). Presenta Teresa Cadete. Serán Caboverdiano, espectáculo, Batuko Tabanka.
Crónica fotográfica do Paseo pola Coruña Literaria con Xosé Duncan, o 24 de setembro
Estas son algunas das fotografías do Paseo pola Coruña Literaria do sábado 24 de setembro, con Xosé Duncan. A crónica fotográfica completa pode verse aquí.
Entrevista a Paulino Pereiro no Diario Cultural
Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“O compositor e escritor Paulino Pereiro preséntanos Poemas de ruxido e barruzo, un libro premiado no Certame de Vilalba e que publica Alvarellos. Pode accederse á entrevista aquí.”
Ourense: actividades destacadas do 82 Congreso PEN Erguendo pontes literarias do mércores 28
Dentro do programa do 82 Congreso do PEN Clube, Erguendo pontes literarias, terá lugar en Ourense a seguinte actividade destacada o mércores 28, dentro do seu programa: Programa-Congreso-PEN-2016.
– 20:00 h. Liceo de Ourense (Rúa Valentín Lamas Carvajal, 5). Mesa redonda Galicia, ponte literaria, con Nélida Piñón, Claudia Piñeiro e Xosé Luís Méndez Ferrín. Presenta: Luís González Tosar.
Cuestionario Proust: Begoña Paz
Desde o blogue de Ramón Nicolás, Caderno da crítica, este Cuestionario Proust a Begoña Paz:
“1.– Principal trazo do seu carácter?
-A empatía. Faime consciente do moito que lles fallo aos outros.
2.– Que calidade aprecia máis nas persoas?
-O respecto cara ao que es.
3.– Que agarda das súas amizades?
-Son eles os que agardan. Sempre chego tarde.
4.– A súa principal eiva?
-A dispersión. A procrastinación. A timidez. O medo ao medo.
5.– A súa ocupación favorita?
-Matinar ollando pra o teito.
6.– O seu ideal de felicidade?
-Mirar pra o teito en boa e silenciosa compaña.
7.– Cal sería a súa maior desgraza?
-Ter tempo abondo de mirar pra o teito.
8.– Que lle gustaría ser?
-Traficante de libros (bos).
9.– En que país desexaría vivir?
-No que teño sobre os ombreiros. Fuxo del con abonda frecuencia.
10.– A súa cor favorita?
-O azul. O verde. O negro.
11.– A flor que máis lle gusta?
-Non me gustan as flores.
12.– O paxaro que prefire?
-Non me gustan os paxaros.
(Adoro as pedras feas. E amo a unha gata. Sospeito que podería amar a calquera mamífer@ de ollada magoada)
13.– A súa devoción na prosa?
-A claridade.
14.– E na poesía?
-As cicatrices.
15.- Un libro?
-Non, grazas.
16.– Un heroe de ficción?
-Cándido. Jane Eyre. Sorel. Tracy -Hepburn- Lord. Mafalda. Banksy.
17.– Unha heroína?
-Unha relixión?
18.– A súa música favorita?
-A que me fai chorar. A que me fai sorrir.
19.– Na pintura?
-A pel de Freud.
20.– Un heroe ou heroína na vida real?
-Os que amo. Aínda aí.
21.– O seu nome favorito?
-Homesen.
22.– Que hábito alleo non soporta?
-O cepillo de dentes sen usar.
23.– O que máis odia?
-Odiar.
24.– A figura histórica que máis despreza?
-Abonda con esquecela.
25.– Un feito militar que admire?
-Asalto ao Forte Comansi.
26.– Que don natural lle gustaría ter?
-O control sobre o meu fóbico sistema (anti)simpático.
27.– De que maneira lle gustaría morrer?
-Obviemos o teito: De felicidade, de riso, de amor, de pracer. Até a última raia da batería.
28.– Cal é o seu estado de ánimo máis habitual?
-Culpable.
29.– Que defectos lle inspiran máis indulxencia?
-Os que só mancan aos que os padecen.
30.– Un lema na súa vida?
-Nin-de-co-ña.”
Claroscuro cultural: crear aquí, entrevistas a Yolanda Castaño, Dores Tembrás, Lucía Aldao e María Lado, entre outras persoas
Desde Galiza Ano Cero.