O
venres 15 de decembro, ás 20:oo horas, no Salón de Actos d’A Casa das Campás (Rúa Don Filiberto, 9-11), en Pontevedra, terá lugar a presentación da novela O Códice esmeralda de Alberte Blanco, publicado por Xerais. No acto, organizado pola Asociación Cultural Maio Longo e a editora, participan, xunto ao autor, Anxo González Guerra e Manuel Bragado.
Compostela: Teresa Moure presenta Um elefante no armário
A Coruña: conversa con Xurxo Souto e Kirmen Uribe
Ourense: presentación de Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda
O
xoves 14 de decembro, ás 19:00 horas, en El Cercano (Rúa Cardeal Quevedo, 20), en Ourense, preséntase Cando John Lennon coñeceu a Valle-Inclán, de Beatriz Maceda Abeleira, publicada por Trifolium. A autora estará acompañada por Xián Bobillo e Xan Arias.
Ourense: presentación de Alma e o mar, de Francisco X. Fernández Naval
Concha Blanco, autora do libro de relatos O medo é libre
Desde
Chamando á Terra, da Radio Galega:
“Falamos con Concha Blanco, autora do libro de relatos O medo é libre, que bebe da tradición oral que viviu de nena na taberna e o salón de costura familiar. Pode escoitarse aquí.”
Compostela: Roteiro con Héctor Cajaraville, Once portas
Vigo: presentación de Galeguia, de Manuel Miragaia
Compostela: presentación de Anna Turbau. Galicia, 1975-1979
Compostela: presentación de O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, de Daniel Salgado
A
sexta feira 15 de decembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, publicada por Apiario e deseñada por Numax. Estará acompañado por Antía Otero e Julio Vilariño.





