Semana do Libro de Compostela (Selic) 2018, actos destacados do sábado 2 e domingo 3

O sábado 2 e domingo 3 de xuño continúa a Semana do Libro de Compostela (na Praza da Quintana, con horario de 11:00 a 21:00 horas), organizado polo Concello de Santiago, cos seguintes actos literarios destacados para estes días dentro do seu programa:

Sábado 2
11:00 h. Libraría Lila de Lilith e A Sega. «Olladas cruzadas». Club de lectura. Lectura dos libros Sangue 12, de Cris Pavón e Saturno tamén é deus, de Uxía Casal. Modera: Paula Gómez del Valle.
12:30 h. Libraría Lila de Lilith e A Sega. «CríticAs». Conversa sobre lecturas Por que é necesaria unha crítica feminista? Outros xeitos de facer crítica literaria. Modera: Antía Marante.
12:30 h. Hércules ed. Ring… Ring! Quen rima? Obradoiro de ilustración e lectura a cargo do ilustrador Enrique López.
13:30 h. El faro de los tres mundos. Cara de velocidade. Marga Tojo. Presentación do Poemario ilustrado da Ed. Kalandraka coa presenza da autora.
17:30 h. Libraría Palacios. Lola e as 21 vacas. Xogos e contacontos da man da ilustradora Blanca Millán. Ed. Triqueta Verde.
18:30 h. Chan da Pólvora. Diálogo entre Daniel Salgado e Ismael Ramos. Conversa arredor de O gran rexeitamento/Flores para Albert Ayler e Lumes. Ed. Apiario.
18:30 h. A Corva. Compoñedora de contos Cristina Collazo compón fermosos contos extraídos da cultura popular galega.
19:30 h. Paseo literario Salvador García-Bodaño. Percorrido polos espazos dos afectos e feitos do poeta, en colaboración coa AELG. ▸ Inicio: Praza do Obradoiro.

Domingo 3
13:30 h. Autoedicións Micromundos. Disto non se fala. Presentación da plaqueta de Verónica Martínez Delgado e Emma Pedreira sobre o acoso e a desigualdade de xénero.
18:00 h. Libraría Lila de Lilith e A Sega. Ex-céntricas. Autoras desde a periferia. É importante falar con autoras que escriben desde a periferia, lonxe dos centros nos que se congregan as actividades culturais. Modera: Andrea Barreira.
18:00 h. Urco Editora. Xandra, a landra que quería voar. Mercedes Queixas. Contacontos para público infantil do conto de Mercedes Queixas.
18:30 h. Urco Editora. Reunión coas Nosoutras de María Victoria Moreno. Helena Villar Janeiro, Ana María Fernández e Ursula Heinze en conversa con Xavier Senín.
18:30 h. Xandobela. Navegando entre papel e contos. Paseo narrativo, lúdico e creativo a través das historias que María Victoria Moreno nos deixou no seu libro Mar adiante.
19:00 h. Encontro con Dulce Maria Cardoso. Encontro coa escritora portuguesa Dulce Maria Cardoso en colaboración co Instituto Camões.
20:00 h. Hércules de Edicións. Galicia inmaterial, Galicia máxica. Presentación e sinatura de exemplares do libro.

Entrevista a Daniel Salgado sobre O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler

Desde o Diario Cultural da Radio Galega:
“Daniel Salgado publica con Apiario a plaquette O Gran Rexeitamento. Flores para Albert Ayler. Un ritmo salmódico, como de ladaíña. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Compostela: presentación de O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, de Daniel Salgado

A sexta feira 15 de decembro, ás 20:00 horas, en Numax (Rúa Concepción Arenal, 9), en Santiago de Compostela, Daniel Salgado presenta a plaquette O Gran Rexeitamento/Flores para Albert Ayler, publicada por Apiario e deseñada por Numax. Estará acompañado por Antía Otero e Julio Vilariño.