Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“De pergamiños, follas voandeiras e libros ao.gal. Este é o título que Mercedes Queixas escolleu para o seu novo ensaio, que subtitula “Breve historia da literatura galega”. Esta obra tenta explicar o proceso literario en relación co tempo no que se produce e recoñecer as voces silenciadas por prexuízos históricos. A entrevista pode verse aquí.”
Pontevedra: coloquio sobre Lueiro Rey. Perfís humanos, literarios e políticos, o xoves 16 de xuño
O xoves 16 ás 19:30 horas, no Pazo da Cultura de Pontevedra, terá lugar a derradeira sesión dos actos programados e paralelos á exposición Lueiro Rey. Camiño aberto. Nesta ocasión, haberá un diálogo sobre os perfís humanos, literarios e políticos do autor de Non debían medrar grazas ás intervencións do profesor Luís Cochón, do artista plástico Antonio Chaves e mais da escritora Eli Ríos. As persoas organizadoras convidámosvos a asistir para pechar estes actos que celebran o centenario do nacemento de Lueiro Rey.
Entrevista a Marta Neira nos Premios Xerais 2016
Vigo: conferencia de Xosé Carlos López Bernárdez
A Coruña: O marco histórico das Irmandades da Fala, conferencia de Xosé Ramón Barreiro
Vigo: presentación do libro colectivo Atlas arqueolóxico da paisaxe galega
O
xoves 16 de xuño, ás 20:00 horas, na Casa do Libro (Rúa Velázquez Moreno, 27), en Vigo, terá lugar a presentación do libro Atlas arqueolóxico da paisaxe galega, de Felipe Criado Boado, César Parcero Oubiña, Carlos Otero Vilariño, Elena Cabrejas Domínguez (editores) e Anxo Rodríguez Paz (edición gráfica), publicado por Xerais. No acto, no que participarán Xosé Luís Méndez Ferrín, Uxío Labarta, Felipe Criado e Manuel Bragado, proxectarase un vídeo sobre o libro.
Vídeo da I Gala do Libro Galego
O
14 de maio de 2016 tivo lugar a I Gala do Libro Galego, no Teatro Principal de Santiago de Compostela, organizada pola Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG), a Asociación Galega de Editoras e a Federación de Librarías de Galicia. Aquí pode verse o vídeo desta actividade.
Crónica videográfica da conferencia de Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016, o 13 de maio, na Coruña
O
venres 13 de maio, ás 19:30 horas, no Salón de Actos da Fundación Luís Seoane da Coruña, Pere Gimferrer, Escritor Galego Universal 2016, ofreceu unha conferencia acompañado por Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente da AELG, e Eduard Velasco, escritor e tradutor, quen repasou a traxectoria do autor catalán.
Esta é a crónica videográfica do acto, onde se recollen as intervencións:
– Presentación da conferencia de Pere Gimferrer por parte de Cesáreo Sánchez Iglesias, presidente de AELG.
– Introdución á obra de Pere Gimferrer por parte de Eduard Velasco.


