O
xoves 12 de maio, ás 20:00 horas, no Café Badía (Rúa Sanjurjo Badía, 240), en Vigo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas. No acto, xunto ao autor, participa Francisco Macías. As persoas que así o desexen poderán ler contos do libro.
Compostela: lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, de Carlos Quiroga
A
quinta feira 12 de maio, ás 20:30 horas, decorrerá na Gentalha do Pichel (Santa Clara, 21), en Santiago de Compostela, o lanzamento de A imagem de Portugal na Galiza, do Carlos Quiroga, publicado por Através. O evento contará coa presenza de Elias J. Torres Feijó.
Pontevedra: Camiño aberto. 100 anos do nacemento de Manuel Lueiro Rey 1916-2016
A Coruña: encontro literario con Miguel Mato Fondo sobre a obra de Manuel María
Compostela: presentación de As horas roubadas, de María Solar
A Coruña: presentación do libro-CD A Berenguela, baseado nun texto de Manuel María
Compostela: presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López
A
quinta feira 12 de maio, ás 20:00 horas, na Ciranda (Rúa Travesa, 7, baixo), en Santiago de Compostela, terá lugar a presentación de Três Tempos, de Luís Mazás López, publicado pola Porta Verde do Sétimo Andar. No acto participan, acompañando ao autor, Iolanda Aldrei e Ramiro Vidal Alvarinho, xunto á música de Miguel Alonso.
Vigo: mesa redonda-coloquio Manuel María. Fanegas de corazón, alma de poeta
Finalistas do XXV Certame de Narracións Breves Manuel Murguía
“Reunido
o xurado do XXV Certame de Narracións Breves Manuel Murguía, composto por Teresa Moure Pereiro (escritora), Marcos Sánchez Calveiro (escritor), Antonio Piñeiro Fernández (gañador da 24ª edición) e Alfredo Ferreiro Salgueiro (coordinador, que asistiu como secretario, con voz e sen voto), decidiu por unanimidade conceder os tres premios ás seguintes obras finalistas (por orde alfabética de autor):
– O mérito da chuva, de Carlos Quiroga.
– Hai patios de luces tristes, de Diego Giráldez.
– A aranha de Sidney, de José António Lozano.
Os premios, que se coñecerán durante a cerimonia de entrega, que se celebrará o próximo venres 13 de maio, ás 19:30 h., no Centro Cívico do Concello de Arteixo, contan coa seguinte dotación: 4.000 € para o primeiro, 500 € para o segundo e 300 € para o terceiro.
O acto de entrega ofrecerá ademais outros alicientes para todos os asistentes: o volume A garza insomne, consistente nunha edición dos nove relatos finalistas das últimas tres edicións do Certame, a actuación musical do grupo 4 jazz, a plantación dunha árbore conmemorativa do 25º aniversario e un viño de honra como fin de festa.
O evento incluirá ademais unha lembranza musical e literaria da figura de Manuel María, escritor homenaxeado este ano no Día das Letras Galegas. Para tal fin contarase durante toda a semana no recibidor do CCC cunhas láminas sobre a súa vida que remitiu a Xunta de Galicia e que foron completadas con outras elaboradas no Concello nas que se mostra a súa relación con Arteixo dende o ano 1996. O día 13 tamén estarán a disposición do público asistente algúns dos libros do autor da Terra Cha.”
Presentación da I Gala do Libro Galego
Desde
o Diario Cultural da Radio Galega:
“Presentación da I Gala do Libro Galego. Pode escoitarse aquí, coa presenza de Cesáreo Sánchez, presidente da AELG.”







