Redondela: actos destacados na Feira do Libro para o sábado 18 e domingo 19

OFeira do Libro de Redondela 2016 domingo 19 finaliza a Feira do Libro de Redondela (na Alameda, con horario para os seus dous últimos días de 12:00 a 14:00 horas e de 18:00 a 21:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para estes dous días:

Sábado 18
18:00 h. Contacontos de Miguel Ángel Alonso Diz. A actividade está promovida por Nova Galicia Edicións.
19:00 h. Manrique Fernández asina exemplares de Tres feridas, publicada por Belagua, na caseta da Libraría Molière.
20:00 h. Presentación de As horas roubadas, de María Solar, publicado en Xerais. No acto, a autora estará acompañada por Manuel Bragado.
20:00 h. Jorge Rodrigues Gomesende asina exemplares de Frouma de Ruivéns, publicado por Redelibros, na caseta da Libraría Cartabón.

Domingo 19
19:00 h. Coloquio A muller na literatura, coordinado por Yolanda Castaño, coa participación de Iolanda Zúñiga, Fina Casalderrey e Ana Tierra.

Basilio Losada oficializa a cesión da súa biblioteca particular a Galicia

DesdeBasilio Losada Fervenzas Literarias:
“O profesor, escritor e investigador Basilio Losada oficializou onte a cesión da última parte da biblioteca particular ao Goberno galego. Por este compromiso, arredor de 3.000 volumes de diversos eixes temáticos e excepcional interese serán convenientemente catalogados e incorporaranse aos fondos da Biblioteca de Galicia da Cidade da Cultura.
Entre estes libros atópase unha rica colección de poesía e de literatura e crítica literaria portuguesa, multitude de obras sobre as cidades do mundo que o propio Basilio Losada visitou ao longo da súa vida, edicións singulares dos clásicos occidentais, así como un fondo de novidades en lingua galega desde 2001 ata a actualidade. Entre as pezas destacadas inclúese unha réplica en tamaño real da Carta Xeométrica de Galicia de Domingo Fontán.
No ano 2001 a Biblioteca de Galicia xa adquiriu parte dos fondos bibliográficos de Basilio Losada, que conforman unha destacada colección na que están títulos fundamentais da literatura galega, especialmente do século XX, así como as diferentes edicións dos mesmos. (…)”

Entrevista a Xosé Monteagudo, autor da novela Todo canto fomos

DesdeXosé Monteagudo o Diario Cultural da Radio Galega:
“Entrevista a Xosé Monteagudo, que acaba de publicar a novela Todo canto fomos. O escritor afirma que “a vía de emancipación individual, persoal e mais a vía de emancipacion social é a cultura”. A entrevista pode escoitarse aquí.”

Actividades destacadas nos centros de ensino no Día de Rosalía 2016 (I)

ChegandoMobiliza Rosalía ao final do curso, divulgamos parte das actividades que tiveron lugar en diversos centros de ensino galegos no Día de Rosalía 2016, unha acción promovida pola AELG que cada ano ten unha relevancia crecente na comunidade educativa galega:

 

Carlos López Bernárdez achégase á obra pictórica de Luís Seoane

DesdeCarlos López Bernárdez o Zig-zag da Televisión de Galicia:
Un pintor que sabía o que facía, do vigués Carlos López Bernárdez, publicado pola editorial Laiovento, fai fincapé no cambio de rumbo que supuxo na pintura galega a obra de Luis Seoane. A entrevista pode verse aquí.”