O
xoves 28 de abril, ás 20:30 horas, na Libraría Lila de Lilith (Rúa Travesa, 7), de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Masculino singular, de Carlos Negro, publicado en Xerais. No acto, xunto ao autor, participan Antía Otero e Fran Alonso.
Actividades destacadas na Feira do Libro de Bos Aires para o xoves 28
Do
19 de abril ao 9 de maio desenvólvese en Bos Aires a Feira do Libro, onde Santiago de Compostela é a cidade convidada neste 2016. A AELG está representada por Cesáreo Sánchez Iglesias e Ledicia Costas, como presidente e vogal da AELG respectivamente.
Dentro do programa completo da delegación galega, destacamos as seguintes actividades para o xoves 28 de abril:
– 16:15 h. Coloquio Da novela ao cómic: A nosa cinza. Con Francisco Castro e Xavier Alcalá. Espacio Zona Futura-Zona Dibujada.
– 17:00 h. Rosalía Iceberg. Ponencia poética con Yolanda Castaño. Stand.
– 18:00 h. Castelao en Arxentina. Coloquio con Víctor F. Freixanes e Xesús Alonso Montero. Stand.
– 20:00 h. Dragal, unha saga fantástica de tradición xacobea (Xerais). Presentación coa autora, Elena Gallego. Stand.
– 20:00 h. Eliseo Pulpeiro: as letras galegas entre dúas ribeiras (Ribadeo e Río da Prata) (Consello da Cultura Galega). Presentación do libro, con Ramón Villares e Sylvia Pulpeiro. Centro Galicia.
A Coruña: Conversas en Irmandade, José-Maria Monterroso e Pablo González Mariñas lembran a Jenaro Marinhas del Valle
O poeta Carlos Negro publica Masculino singular
Desde
o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Masculino singular, de Carlos Negro, plasma unha refutación do macho alfa que destrúe os afectos e converte o terror en linguaxe dominante. A entrevista pode verse aquí.”
Cangas: presentación de Moraime. Pequena vila con mar, de X. H. Rivadulla Corcón
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, na Libraría Wells (Praza do Arco), en Cangas de Morrazo, preséntase Moraime. Pequena vila con mar, de Xosé Henrique Rivadulla Corcón, publicada en Positivas.
Pontevedra: presentación de A rotura das paisaxes, de Xesús Constela
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, no Salón de Actos do Sexto Edificio do Museo de Pontevedra (Rúa do Padre Amoedo Carballo, 3), preséntase A rotura das paisaxes, de Xesús Constela, publicado en Xerais. No acto, coorganizado pola editorial, o Ateneo de Pontevedra e a Deputación, participan, xunto ao autor, Ramón Rozas e Manuel Bragado.
Vigo: conferencia-coloquio Arte e sociedade: o compromiso artístico, por Xosé María Álvarez Cáccamo e Xavier Rodríguez Baixeras
A Coruña: lectura pública de poesía de Olga Patiño
A Coruña: presentación e coloquio sobre 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), de Xosé María Lema e Xosé María Rei
O
xoves 28 de abril, ás 20:00 horas, en Portas Ártabras (Rúa Sinagoga, 22, baixo), na Coruña, preséntase 50 anos da historia do fútbol da Costa (1964-2014), de Xosé María Lema Suárez e Xosé María Rei Lema. No acto, xunto aos autores, participan Xurxo Souto e Felipe-Senén. A presentación verase acompañada dunha charla dos autores sobre a Historia do fútbol na Costa da Morte desde 1920, narrada con proxección de imaxes.
Convite ao acto de irmanamento Monte Pindo – Monte Alto, previsto para o 29 de maio
“Cada
ano a Asociación Monte Pindo Parque Natural e a Asociación Veciñal Atochas-Monte Alto vimos organizando un acto conxunto, apadriñado por Xurxo Souto, de lembranza do simbólico irmanamento entre o Monte Pindo e Monte Alto celebrado no ano 2012 no Campo de Marte, no que plantamos un carballo conmemorativo da ocasión coa súa placa. Este ano, por primeira vez, queremos que este emotivo evento primaveral de amizade da veciñanza de Carnota coa da Coruña se celebre no propio Monte Pindo. O acto consistirá nunha subida ao Monte Pindo (dificultade media) e outras actividades nas que nos acompañará a música, a historia deste lugar máxico, a poesía e o disfrute da natureza. Está previsto que teña lugar o domingo 29 de maio.
En canto ás entidades participantes, ademais das organizadoras, está confirmada a participación da Asociación Cultural Son D’Aquí, que disporá dun autobús propio. En función da demanda existente podemos valorar xestionar un segundo vehículo cuxo custo se repartiría entre as entidades ou persoas asistentes, ou ben organizar coches particulares, segundo se vexa máis axeitado.
Para organizarmos a loxística con tempo, e antes de elaborarmos a publicidade do cartel, redes sociais, medios… gustaríanos contar coa túa participación, agradecendo de antemán a túa premura en confirmárnolo. Síntete libre, así mesmo, de comunicar esta mensaxe a outras entidades ou persoas da cidade que poidan estar interesadas en participar. As persoas ou entidades interesadas poden contactar no correo electrónico info@montepindo.org”


