Entrevista a Andrea Nunes Brions

EntrevistaAndrea Nunes Brións a Andrea Nunes Brions en Palavra Comum:
“- Palavra Comum (P): Que representa para ti a poesia?
– Andrea Nunes Brions (ANB): Para min a poesía supón unha forma de crecer e partillar, de entrar no ollo das outras, de verse unha mesma danificada nun verso ou espallada nunha metáfora, de me inventar e de rachar co establecido. É unha forma tamén de denuncia, de remover.
É iso que nos axuda a continuar camiñando, esa dose necesaria na vida para non afundir, para sentirme nas outras e sorprenderme. A poesía é “unha arma cargada de futuro” como dicía Celaya, mais é tamén como expresou despois AJO, “unha arma cargada de imperfecto, de pasado imperfecto”. (…)
– P: Que perspetiva tens sobre o estado actual da criatividade cultural, e que conexões -reais ou potenciais- encontras com outros espaços culturais (Lusofonia, etc.)?
– ANB: Temos unha enchente de persoas a facer cousas interesantes e únicas no país, persoas moi creativas e moi implicadas nas diversas formas de creación. Propostas diferentes, coraxosas, transgresoras. A situación, porén, como en todos os eidos, é inxusta. Como no caso das mulleres escritoras, que precisan (mos) de espazos de visibilización e de recoñecemento e autoridade que nunca se lles dá ás súas creacións, ao igual pasa coa escolla ortográfica. Con respecto á lusofonía, agora comezan a agromar propostas moi potentes desde Galiza, mais continúa habendo unha marxinalidade excluinte, e precisamos dunha “irmandade” real, para poder aportar e achegarnos as creacións que a nosa lingua posúe. (…)”

Henrique Harguindey Bonet edita a Historia do nobre Ponto

DesdeHistoria do nobre Ponto Henrique Harguindey o Zig-zag da Televisión de Galicia:
“Única tradución completa da novela medieval que narra as aventuras de Ponto, fillo do rei de Galiza, que se namora de Sidonia, a filla do rei de Bretaña, feita por Henrique Harguindey. A entrevista pode verse aquí.”

Lugo: Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria

AAELG Logo 3-2015 AELG pretende facer máis visíbel ante a sociedade a literatura de tradición oral levando a Lugo a súa Gala dos Premios Mestras e Mestres da Memoria que, co lema «Lugo, Capital Galega da Literatura de Tradición Oral», terá lugar o 19 de marzo, ás 19:00 horas, na Casa do Saber (Vicerreitorado da USC-Lugo, Praza Pío XII, 3), na xornada previa ao Día da Narración Oral.
O obxectivo principal da Gala é a entrega dos IV Premios Mestras e Mestres da Memoria, que se concede a dous informantes de literatura popular, por toda unha vida de dedicación exemplar á transmisión oral de saberes e valores da nosa cultura popular tradicional.
A proposta da Sección de Literatura de Tradición Oral, aprobada na Asemblea xeral de Socios-as, foi a de outorgar os premios de 2016 a Dolores Macías Pose e Mini e Mero.
No acto, ademais dos premiados, intervirán o grupo de gaiteiros Lúa chea de San Xoán, o acordeonista Eloi Mato, Matilde Vilariño e Francisco Almuíña.
Entrada libre até completar aforo.

GalaMestrasESMemoria2016

VI Concurso de relatos de inspiración científica Inspiraciencia

Inspiraciencia Inspiraciencia2016_banneré un concurso de relatos de inspiración científica, coa colaboración da AELG.

Unha iniciativa que relaciona ciencia e escritura dunha maneira lúdica e participativa. Pretende ser un espazo aberto a todo o mundo onde pensar e imaxinar a ciencia desde a ficción. O seu obxectivo é fomentar o labor creativo e o espírito científico como unha forma de pensar realidades antes non imaxinadas.

FICCIÓN CIENTÍFICA

Modalidade única
Poderán presentarse relatos curtos dunha extensión máxima de 800 palabras.

Categorías
O concurso ten dúas categorías: adulto/a (a partir de 18 anos) e moza/o (menores de 18 anos).

Os participantes deben rexistrarse e poden enviar un relato curto en calquera lingua do concurso (catalán, castelán, galego e eúscaro). Cada participante pode presentar máis dun relato, e un máximo de catro relatos, sempre que estes estean escritos en linguas distintas.

Linguas
Os relatos poden estar escritos en catalán, castelán, galego ou eúscaro.

Consulta as BASES do concurso.

LITERATURA E CIENCIA

Inspiraciencia non é só os relatos. Tamén quere ir máis aló do concurso propiamente dito e afundar nas relacións entre ciencia e literatura a través de ciclos de faladoiros, propostas para a aula, lecturas recomendadas, etc.

Faladoiros
Paralelamente ao concurso, organízase un ciclo de faladoiros en distintas cidades. Nesta edición está dedicado á “Ciencia nos clásicos da literatura”. Consulta o programa.

A ciencia do teu clásico/a
Na sexta edición ábrese unha sección nova na que os/as participantes poden compartir a lectura dunha obra clásica da literatura e destacar a ciencia que atoparon na obra. Consulta como participar en FÓRA DE CONCURSO. Sigue lendo

Coñécense as novelas finalistas da XXII edición do Premio San Clemente

Desde o Instituto Plurilingüe Rosalía de Castro:
“O mércores 16 de marzo presentáronse as novelas finalistas da XXII edición do Premio Literario Arcebispo San Clemente. En lingua galega son:
Amor en alpargatas, de Manuel Portas (Xerais).
As últimas galerías, de Xosé María Álvarez Cáccamo (Galaxia).
Izan o da saca, de Xabier Quiroga (Xerais).”

Cabana de Bergantiños: actos destacados no I Congreso Internacional de Escritores de Cabana para o 19 e 20 de marzo

O sábado 19 e domingo 20 de marzo destacamos as seguintes actividades dentro do I Congreso Internacional de Escritores de Cabana (na ligazón pode descargarse o programa completo):

Sábado 19:
No Auditorio de Neaño.
10:30 horas: mesa redonda sobre Influencias celtas na literatura. Participan: Miguel Vázquez Freire, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Maribel Longueira e Elena Vázquez Galván Modera Xosé Ameixeiras.
12:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de Yolanda Castaño.
16:30 horas: Mesa redonda sobre Literatura galega do novo milenio.
No Dolmen de Dombate.
17:30 horas: Taller de Contos para a memoria, a cargo de María Canosa.
No Auditorio de Neaño.
18:30 horas: Recital poético. Presentadora: Branca Vilela. Poetas: Serxio Moreira (pianista Cabanés), Rosalía Fernández Rial, Elena Vázquez Galván, Olga Patiño, Miguel Melero, Claudia Castro, Marilar Aleixandre, Estevo Creus Andrade, Suso Bahamonde, Francisco X. Fernández Naval, Maribel Longueira, Óscar de Souto, Miguel Mato Fondo, Xulio Valcárcel, Xosé Iglesias, María José Fernández, María Socorro Mármore Brich, Miguel Vázquez Freire, José Manuel Carreiro, David Creus, Alfredo Puy e Primitivo Fernández.

Domingo 20:
No Dolmen de Dombate.
11:00 horas: Mesa redonda sobre Muller e literatura.