Viveiro: presentación de Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias

O10919005_910601595647100_4814104450572047118_n sábado 24 de xaneiro, ás 18:00 horas, na Libraría Porta da Vila de Viveiro (Rúa Pastor Díaz, 29), preséntanse Contos do mar de Irlanda, de Xurxo Souto, publicado en Xerais, e Transfusión oceánica, de Xosé Iglesias, editado pola A. C. Caldeirón. No acto, organizado polo Seminario de Estudos Terra de Viveiro, participan, xunto aos autores, Carlos Nuevo Cal e José Pino González.

Radiocrítica do 22-12-2014, por Armando Requeixo

Desde o blogue de Armando Requeixo, Criticalia:
Velaquí unha nova Radiocrítica emitida o luns día 22 de decembro en Ames Radio (107.2 FM, accesible on line aquí). Nesta ocasión falei con Nazaret López das obras de Álvaro Cunqueiro El año del cometa, Vida y fugas de Fanto Fantini e Flores del año mil y pico de ave (00:50); de Atravesar o fantasma, de Carlos Callón (6:40), da Historia da Literatura Galega II, de Xosé Ramón Pena (11:00) e de Ícaro, de Federico Delicado (16:25).

Pódese escoitar directamente aquí.

Libros dixitais do IEM: Desenvolvendo o nobelo abre unha nova iniciativa editorial

DesdeDesenvolvendo o nobelo o Instituto de Estudos Miñoranos:
“Abrimos este espazo dedicado a compartir cos nosos seareiros algúns libros merecentes, ao noso xuízo, de divulgación de acordo con parámetros de calidade e interese que o noso equipo editorial decidirá. Perseguimos con esta iniciativa dous obxectivos. Por unha banda pór a disposición dos nosos amigos escritos que, posiblemente, non atoparían noutras canles. Pola outra, proporcionarlles a escritores (noveis ou non) a oportunidade de dar a coñecer a súa obra e sometela á consideración dos lectores que adoitan visitarnos.
O libro de enceto ten unha compoñente moi entrañable, pois recolle os traballos, feitos con dedicación e cariño, dun grupo de persoas adultas que se decidiron a mellorar a súa capacidade para a creación de textos literarios da man da poeta Marta Dacosta e expoñen aquí a súa obra chea de sensibilidade que acada en moitos casos cotas de calidade propias de escritores con maior dedicación. Titúlase Desenvolvendo o nobelo, título que fai mención a unha imaxe creada por Marta:
Escribir é…
atopar a punta do fío axeitado e tirar del até desfacer o nobelo.
Despregar diante de nós esa sucesión de palabras que constrúe o edificio do texto e abriga as ideas.