O
venres 3 de xuño, ás 20:00 horas, na Galería Sargadelos (Rúa Real, 56) da Coruña, terá lugar unha nova charla do Ciclo Escrita(s) 2011, na que María do Cebreiro falará sobre “Rosalía de Castro entre a modernidade e a antimodernidade – elementos para unha nova política de tempo”: Rosalía de Castro nace no mesmo ano no que Charles Darwin debuxa no seu caderno de apuntamentos unha árbore que torcerá o curso do pensamento humano sobre a natureza. Así como dende Darwin o patrón evolutivo se converteu nun dos fundamentos das ciencias da natureza, a modernidade filosófica tendeu a converter a idea ilustrada do progreso nunha das súas principais liñas de forza. Na obra de Rosalía de Castro o progreso desempeña unha función ambivalente. A democracia radical, a utopía socialista e o feminismo da igualdade conviven coa defensa da especificidade cultural de Galicia e a temporalidade progresiva das grandes revolucións coexiste coa apoloxía de certos costumes ameazados pola modernidade. O dobre compromiso descrito permite contribuír a explicar a riqueza sempre problemática da súa obra, capaz de abrir un interrogante que segue batendo no presente: Como conciliar os principios dun igualitarismo universal de carácter emancipador co recoñecemento de distintos tempos dentro deste tempo?”
Vigo: representación de Lorca e as flores de Venus, de Marga do Val
O
venres 3 e sábado 4 de xuño, ás 22:30 horas, e o domingo 5 ás 21:30 horas, no Teatro de Arte Livre (Rúa Vázquez Varela, 19) de Vigo, terá lugar a representación de Lorca e as flores de Venus, de Marga do Val e música de María Graña, nun texto libremente inspirado nas múltiples investigacións sobre a vida e obra de Federico García Lorca, e que será interpretado por Eisenhower Moreno.
Santiago: encontro e coloquio entre Iolanda Zúñiga e Llucía Ramis
O
venres 3 de xuño, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no marco dos I Diálogos Literarios do Gaiás, organizados pola Fundación Carlos Casares, terá lugar este encontro e coloquio:
De 11:00 a 12:15 h.: Escribir novela na era da internet, con Iolanda Zúñiga e Llucía Ramis, moderadas por Tucho Calvo. A partir das 12:30 horas, terá lugar o coloquio.
O Burgo, Culleredo: representación de Travesía, dirixida por Manuel Lourenzo e Santiago Fernández
Carlos Callón: “Os discursos sobre o galego non están desfasados senón que hai institucións que non os aplican”
Ourense: Roteiro Alexandre Bóveda
Adela Figueroa: “Eu sempre tomo parte. Pode ser uma senha da minha geração”
Ourense: actividades do 1 de xuño na Feira do Libro
Continúa
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do mércores 1 son as seguintes:
– 19:30 h. Presentación do libro de poemas visuais O libro dos cans, de Estevo Creus e do libro de poesía As Nosas Sombras no Xardín de Serralves, de Xoán Abeleira, publicados por Franouren Edicións. Xunto cos autores, participarán no acto Xosé Manuel Vélez Latorre, Xosé Manuel Bouzo e o director da editorial Manuel Ángel García Fernández.
– 20:30 h. Miguel Anxo Fernández asinará exemplares do seu libro Lume de cobiza, publicado en Galaxia.
Lugo: faladoiro O popular na obra de Álvaro Cunqueiro
O
xoves 2 de xuño, ás 19:30 horas, na Aula Sociocultural Novacaixagalicia (Praza de Santa María, s/n.) de Lugo, terá lugar un faladoiro sobre O popular na obra de Álvaro Cunqueiro, acto organizado polo Consello da Cultura Galega con motivo do Ano Cunqueiro, no que participan Claudio Rodríguez Fer, Darío Xohán Cabana, Antonio Reigosa e Armando Requeixo.
Santiago: encontro e coloquio entre Marcos Calveiro e Sérgio Luís de Carvalho, nos I Diálogos Literarios do Gaiás
O
xoves 2 de xuño, na Cidade da Cultura, en Santiago de Compostela, e no marco dos I Diálogos Literarios do Gaiás, organizados pola Fundación Carlos Casares, terá lugar este encontro e coloquio:
De 11:00 a 12:15 h.: Historia e historias, con Marcos Calveiro e Sérgio Luís de Carvalho, moderados por Carlos Quiroga, seguido por un coloquio, entre as 12:30 e as 14:30 horas.

