A Coruña: presentación do número 189 da revista Grial
O luns
6 de maio, ás 13:00 horas, na Sala de Prensa da Reitoría da Universidade da Coruña (Maestranza, 9), preséntase o número 189 da revista Grial, titulado Valar o común?, publicada en Galaxia. No acto participan Víctor F. Freixanes, Carlos Fernández, coordinador do número, e Carlos Amoedo, profesor de Dereito Administrativo na Universidade da Coruña, e colaborador deste número.
Ourense: actos da fin de semana na Feira do Libro
Remata
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do sábado 4 son as seguintes:
– 19:00 h. Presentación do libro Golfiño e os invasores, de Fausto Isorna, publicado por El Patito Editorial.
– 20:00 h. A escritora e xornalista Elena Gallego Abad asinará exemplares do 2º tomo da súa obra Dragal, a herdanza do Dragón, publicada por Xerais.
– 20:30 h. O humor na feira do libro. Actuación de Cándido Pazó co seu monólogo humorístico Cunqueiradas, baseado en textos de Álvaro Cunqueiro.
E, no derradeiro día da Feira, o domingo 5, destaca:
– 20:30 h. Presentación do libro Madeira de Mulher, de Adela Figueroa, con ilustracións de María Celsa Sánchez Vázquez, publicado por Ediciós do Castro.
Vigo: Encontro de poetas galegas con Salma
O
sábado 4 de xuño, no Museo Liste (Rúa Pastora, 22) de Vigo, terá lugar un Encontro de poetas galegas con Salma, xornada que constará de dúas sesións:
– Durante a sesión da mañá (11:00 – 14:00 h.) terá lugar un intercambio de experiencias aberto entre as autoras galegas convidadas e Salma. Traballarase tamén a creación de textos conxuntos.
– A sesión de tarde (17:00 – 19:00 h.), aberta á cidadanía, comezará cunha mesa redonda, na que participarán Salma e outras autoras, e concluirá cun recital no que as convidadas compartirán a súa obra co público asistente.
Jan estivo alí, de Xosé Antón Neira Cruz, na lista de honra da revista CLIJ
‘O consulado en Catalunya de Costa Clavell’
Análise de Xesús González Gómez sobre Xavier Costa Clavell en A Nosa Terra.
Pulp Books, literatura galega para lectores en español
Santiago: presentación de Nómade, de María Rosendo Priego
O
venres 3 de xuño, ás 19:30 horas, na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII) de Santiago de Compostela, preséntase o poemario Nómade, de María Rosendo Priego, co que gañou a XXIII edición do Premio Nacional de Poesía Xosé María Pérez Parallé, publicado en Espiral Maior. No acto participa a poeta Andrea Nunes Brións.
Manuel Portas: “Apaixóname crearlle vidas e mundos a rostros do común”
Entrevista
a Manuel Portas en La Voz de Galicia:
“- La Voz de Galicia (LVG): ¿Ten que ver coa busca de aire fresco na literatura galega?
– Manuel Portas (MP): Estase facendo unha narrativa moi boa no país, moi boa, e estase recoñecendo internacionalmente. Creo que a narrativa ten que ensaiar novas fórmulas, arriscar. Necesita a conivencia co lector, e paréceme imprescindible o hibridismo. A narrativa tense que mesturar con outras expresións artísticas como en orixe o fai a poesía.
– LVG: De aí o disco que inclúe a novela [Un dedo manchado de tinta]. ¿Como naceu a idea?
– MP: É casual, aínda que hai tamén algo causal. Deuse a coincidencia de ter á vocalista de Loaira, Clara Pino, traballando no mesmo centro. Leu o orixinal do libro e acabou convertendo en texto poético, que logo musicou, seis temas creados a partires doutros tantos personaxes que aparecen na novela. É un produto diferente a partir da mesma materia artística. Hai que ir por aí.”
Ourense: actividades do venres 3 na Feira do Libro
Continúa
a XXVII Feira do Libro de Ourense (na Alameda, Rúa do Bispo Cesáreo), aberta até o domingo 5 de xuño, con horario de 11:30 a 14:00 h. e de 18:30 a 22:00 horas.
As actividades máis destacadas do venres 3 son as seguintes:
– 19:30 h. Presentación dos ensaios sociolóxicos Todo menos o cuiñar, de John Barlow e Rusos como Creso, de Elana Lenina e da novela Dónde está la esperanza, de Fernando Sancho Casal, publicados por Franouren Edicións. Participarán no acto Bárbara Álvarez Fernández e o director da editorial, Manuel Ángel García Fernández.
– 20:30 h. Fernando Méndez presentará o seu libro Deus xogando aos dados, publicado en Sotelo Blanco Edicións. Ao remate do acto, o autor asinará exemplares do seu libro.