“Pola súa banda, a Asociación de Escritores en Lingua Galega (AELG) –que si participa no ciclo– explicou a Xornal a súa posición ante esta iniciativa do Gaiás. “Nós participamos no ciclo dentro dunha sesión concreta dun escritor en galego”, explica o seu presidente, o poeta Cesáreo Sánchez, que engade que “se fose a AELG quen fixese este ciclo, naturalmente non sería este”. Nese sentido, Cesáreo Sánchez considera que hai un desequilibrio no programa. “É desproporcionada a presenza da literatura castelá, xa que considera que a programación na Cidade da Cultura debe ser maioritaria e estruturalmente galega e que despois se deberían facer ciclos sobre literatura española, irlandesa, catalán”, sentencia Cesáreo Sánchez”. A nova completa pódese consultar aquí: Xornal. Posteriormente recóllense máis críticas desde a Fundación Castelao.
Domingo Villar: “É posible que Leo Caldas se namore na nova novela”
“Mariñeiros de versos”
Edicións Positivas publica Conversa ultramarina, inédito de Lois Pereiro
Edicións Positivas,
tras reeditar as obras de Lois Pereiro, Poemas 1981-1991 e Poesía última de amor e enfermidade 1992-1995, publica agora o inédito Conversa ultramarina, obra na que o autor fala das súas inquedanzas, gustos, amizades, proxectos, do futuro.
Santiago: presentación de Canibalismo, de Marcos Abalde
O
venres 21 de xaneiro, a partir das 19:30 h., na Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Compostela, preséntase o libro Canibalismo, de Marcos Abalde, publicado por Estaleiro Editora. No acto, acompañando ao autor, participan Iria Sobrino e Roi Vidal. O texto obtivera o XI Premio de Teatro Josep Robrenyo convocado pola Associació d’Investigació i Experimentació Teatral (AIET), entre obras orixinais escritas en calquera das linguas oficiais do Estado.
A Real Academia Galega homenaxea a X. M. Pintos
Booktrailer de O pintor do sombreiro de malvas, de Marcos Calveiro
(Xerais)
“Ensaios sobre historia e memoria 2000-2010”
(Coñecendo a nosa historia recente e Século XXI, idade de ouro da memoria, en A Nosa Terra)
Ferrol: presentación de Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo
O mércores 19 de xaneiro, a partir das 20:00 h., na Galería Sargadelos (Rúa Rubalcava, 30-32, esquina rúa María) de Ferrol, preséntase o libro Sobre a poesía última de Manuel María (1976-1995), de Manuel López Foxo, publicado en Laiovento. No acto, acompañando ao autor, intervirán Francisco Pillado e Francisco Rodríguez.
