O
sábado 18 de decembro, a partir das 12:00 h., no Auditorio de Galiza de Santiago de Compostela, preséntase o libro Lidia Senra. A historia dun liderado entrañable, de Tareixa Ledo Regal, publicado en Laiovento. No acto participan Xosé Manuel Beiras, Carme Freire, Lidia Senra e a autora, moderad@s por Isabel Vilalba Seivane.
Aquí pode lerse a entrevista feita á autora en Galicia Hoxe.
Vigo: presentación de Espindo un bico, de Celsa Barja
O
venres 17 de decembro, a partir das 21:00 h., no Local da Fiesta de los Maniquíes (Rúa Irmandiños, nº 13) de Vigo, preséntase o poemario Espindo un bico, de Celsa Barja.
A documentación de Alexandre Bóveda salta á rede
A Biblioteca do Teatro fura na vertente científica da actuación
Carlos Labraña: “Son moi crítico co que escribo”
Entrevista
a Carlos Labraña en Galicia Hoxe:
“Galicia Hoxe (GH): Cando se fala da desconexión do público co teatro, non se formula se realmente se fai algo para crear esa conexión.
Carlos Labraña (CL): Xustamente son os espectáculos dirixidos aos nenos os que non teñen problemas. De feito, medraron bastante nestes anos as compañías profesionais que fan espectáculos para nenos e teñen moitas funcións. Se os cativos van ao teatro dende nenos, despois van a seguir indo. Iso si, aos pequenos teslles que ofrecer calidade porque os nenos non son os maiores: se algo non lles gusta, non lles gusta.
GH: Que é o teatro para os nenos?
CL: En principio, para eles é un xogo. O que máis lles gusta é disfrazarse e converterse nun superheroe, ou nun personaxe de acción.
GH: O libro publicarase en Embora. É unha forma de visibilidade?
CL: Eu que levo vinte anos publicando teatro infantil, aínda así sigo tendo problemas para publicala. É moi complicado editar. Agora, tiña dúas obras comprometidas e paráronse. O que primeiro que se sacrifica son as coleccións de teatro. Moitas veces, hai que acudir aos premios. Dígocho eu pero tamén cho pode dicir Manuel Lourenzo. Se non é cun premio, é difícil que unha editorial che publique un libro así.”
A Coruña: IV Encontros Milpedras, recital conxunto de poesía, música e arte
O venres
17 de decembro, a partir das 21:00 h., no Taller de Litografía Milpedras (Rúa Brasil, 3, baixo) da Coruña, e con entrada libre até completar capacidade, desenvólvese a cuarta edición de Encontros en Milpedras, unha proposta de unión en diálogo libre, ao vivo, de poesía, música e arte. Actuarán recitando poemas Antía Otero, Chelo Suárez, Eduardo Estévez e María Lado, en paralelo á música de Manu Clavijo e a creación pictórica de Manoel Bonabal.
A Coruña: presentación de A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val
O venres 17 de decembro, a partir as 20:00 h., no Salón de Actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de poemas A cidade sen roupa ao sol, de Marga do Val, publicado en Espiral Maior. No acto intervirán, coa autora, Miguel Anxo Fernán-Vello e Carme Fernández-Pérez Sanjulián.
A Coruña: sinatura de exemplares de Todo é silencio, de Manuel Rivas
Manuel Rivas
asinará exemplares da súa nova obra Todo é silencio, publicada en Xerais, o venres 17, a partir das 19:00 h., na Librería Arenas (Cantón Pequeno, 25), na Coruña, o mércores 22 ás 19:00 h. en El Corte Inglés (Rúa Ramón y Cajal), e o xoves 30 deste mes de decembro, ás 19:00 h., na Librería Carballido (Avenida dos Caídos, 4) da mesma cidade.
Vigo: charla-conferencia con Francisco Castro: Marco Polo, Simbad… a literatura é para viaxar
O venres 17 de decembro, a partir das 19:00 h., no Centro Comercial Praza Elíptica de Vigo, terá lugar unha charla-conferencia-faladoiro con Francisco Castro organizada polo Clúster da Edición, Librerías e Comercialización de Galicia, dentro da campaña Merca Libro, Merca Nadal. O título é: Marco Polo, Simbad… a literatura é para viaxar.
Ribeira: presentación do poemario Caderno de Ponza, de Xabier López Marqués
O
venres 17 de decembro, a partir das 20:00 h., no Ateneo Valle-Inclán de Ribeira, a Asociación Cultural Barbantia, a Colección Bourel e o Ateneo Valle-Inclán presentaón o poemario Caderno de Ponza, de Xabier López Marqués; nun acto que inclúe un recital poético no que estarán presentes o autor e mais Antonio Piñeiro, director de Bourel. Acompañará o acto unha exposición cos traballos artísticos e bibliográficos da Colección Bourel.