1. Convócase o VII Premio de Narración Curta do Concello de Curtis CURTIS MON AMOUR, este ano con temática amorosa.
2. Os textos presentados deberán estar escritos en lingua galega.
3. Os textos deberán ser orixinais, inéditos e non premiados en ningún outro certame e deberán ter unha extensión comprendida entre 3000 e 5000 caracteres (espazos incluidos).
4. Enviaranse á seguinte dirección de correo electrónico: curtismonamour@concellodecurtis.org. Achegarase no arquivo unha última folla que conteña unha copia do dni, enderezo, teléfono de contacto, e a categoría á que pertence.
5. A data límite de entrega é o 31/10/2010.
6. Establécense catro categorías e os respectivos premios económicos:
6 A. Persoas que teñan entre 12 ós 18 anos, de calquera lugar de Galicia ou fóra de Galicia. Premio de 150 euros.
6 B. Persoas de 19 anos en diante de calquera lugar de Galicia ou fóra de Galicia. Premio de 250 euros.
6 C. Persoas que teñan entre 12 e 18 anos empadroadas no Concello de Curtis. Premio de 150 euros.
6 D. Persoas de 19 anos en diante empadroadas no Concello de Curtis. Premio de 250 euros.
e un premio económico para cada categoría:
7. En calquera das categorías o premio poderá quedar deserto se o xurado considera que os presentados non acadan un mínimo de calidade. Así mesmo, tamén poderán outorgarse segundos premios.
8. Os traballos que non cumplan as presentes bases quedarán fóra de concurso.
9. O xurado estará composto por membros de recoñecido prestixio dentro do mundo da cultura, lingua e as letras.
10. Os traballos premiados pasan a ser propiedade do Concello de Curtis, que se reserva o dereito de publicación a través dos medios que considere oportunos e sen afán de lucro.
11. A presentación das obras supón a aceptación destas bases.
Para calquera dúbida, escribir ao correo electrónico do certame: curtismonamour@concellodecurtis.org.

domingo 3 de outubro, ás 17:30 h., no Centro Sociocultural das Fontiñas, en Santiago de Compostela, preséntase Pel con pel, que recolle case corenta fotos presentadas ao II Concurso sobre Lactancia Materna que organizou
Fundación Eduardo Pondal de Ponteceso presentou o proxecto lingüístico e cultural Outono Pondaliano, proposta dirixida a toda a poboación da comarca, tanto escolar como adulta, e desenvolverase todos os martes do vindeiro mes de novembro en horario de mañá e tarde. Na presentación deste proxecto, que se desenvolverá na Fundación Eduardo Pondal, participaron o presidente desta entidade e alcalde de Ponteceso, José Luis Fondo; o xefe territorial da Consellería de Cultura e Turismo da Xunta de Galicia, Manuel Varela; o subdirector xeral de Política Lingüística, Xoán Rivas; o director de AGADIC, Juan Carlos Fernández Fasero; a directora do Centro Coreográfico de Galicia, Mercedes Fernández Suárez; o patrón da Fundación Eduardo Pondal José María Varela; e mais os directores e directoras dos centros educativos de Ponteceso. Outono Pondaliano artéllase en seis ciclos de actividades: Creatividade pondaliana, Aula viaxeira pondaliana, Encontros pondalianos, XIV Simposio Pondaliano, Libros pondalianos e Cestería viva, e nel participan, entre outros, Xesús Ferro Ruibal,
venres 1 de outubro de 2010 ás 19:00 h., na Libraría Couceiro (Praza de Cervantes) de Santiago de Compostela, preséntase o libro 
venres 1 de outubro, ás 20:30 h., preséntase na Galería Sargadelos de Boiro o libro de Xosé Ramón Quintana Garrido
xoves 30 de setembro ás 20:00 h. preséntase na Libraría Couceiro de Santiago (na Praza de Cervantes)
xoves 30 de setembro, ás 20:30 h., desenvolverase unha charla-coloquio na que participará