Hoxe remata o prazo de concurso para o VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010
Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón
Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Callón. O acto, que contará coa participación de Plácido Betanzos, Xesús Laíño, Xosé Antonio Vázquez Covas, Manuel Bragado e Carlos Callón, terá lugar o xoves, 13 de maio, ás 20:30 horas na Aula da Rede de Dinamización. Baixo da Confraría de Ribeira no Malecón. Organizan QUEREMOS GALEGO-BARBANZA, ASOCIACIÓN CULTURAL ALTOFALANTE e EDICIÓNS XERAIS DE GALICIA.
Feira do libro de Santiago: actividades
Día 1. Sábado.
12.45 Actuación da Banda de Música de Santiago de Compostela.
13.00 Inauguración oficial.
Pregón inaugural a cargo do escritor Marcos S. Calveiro.
No acto inaugural, colabora a Asociación do Traxe Galego.
18.00 Presentación do libro disco Tic Tac, publicado por Kalandraka Editora. Participan no acto, os autores do libro Pablo Díaz (cantante) e Marc Taeger (ilustrador). Os autores asinarán exemplares dos seus libros.
19.00 Mesa redonda: A imposición do galego: ¿Mito ou realidade?. Participan: Francisco Castro, coordinador de novos proxectos de Galaxia. Alexandre Vázquez Lorenzo, presidente da Mocidade pola Normalización Lingüística, Manuel Núñez Singala, autor do libro En galego, por que non? e Enrique Monteagudo, autor de As razóns do galego.
19.30 O escritor Ricardo Gurriarán, asinará ejemplares do seu libro Inmunda escoria, publicado por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Presentación do libro Settecento, do escritor Marcos S. Calveiro, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participará no acto Martin Pawley e o director da editorial Manuel Bragado.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 2. Domingo.
19.00 Actuación de Danni Boy Rivera, cos seus monólogos humorísticos.
20.00 Presentación do libro “Diccionario” Uxío Novoneyra, de Esperanza Mariño Davila, publicado por 3C3 editores. Xunto coa autora, participarán no acto Antonio Puentes Chao e Xoán Xosé Fernández Abella.
21.15 Sorteo dun lote de libros
Día 3. Luns.
19.00 Recital poético a cargo de Ines Cuadrado.
19.30 A escritora Rosa Aneiros asinará ejemplares dos seus libros Sol de inverno (Premio Xerais de novela 2009) e Ás de volvoreta (Premio Fundación Caixa Galicia 2009), publicados por Edicións Xerais de Galicia.
20.00 Presentación do libro Apuntes históricos de Santiago, de Antonio López Ferreiro, editado conxuntamente por Alvarellos Editora e o Consorcio de Santiago. Participarán no acto Xosé Ramón Fandiño (responsable da introducción e selección dos textos) , Xosé Manuel Villanueva (xerente do Consorcio), Juan Conde (responsable de publicacións do Consorcio), Enrique Alvarellos (director de Alvarellos Editora) e Olivia Rodríguez (directora da colección Rescate).
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 4. Martes.
18.00 Contacontos a cargo do grupo Pavís Pavós
19.00 Presentación do libro 55 mentiras sobre a lingua galega, de X. Henrique Costas (coordinador), publicado pola Editorial Laiovento e a Plataforma ProLingua. Participan no acto Antón Dobao e Xosé Luís Regueira.
20.00 A escritora Teresa Moure, presenta o seu libro A intervención, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto coa autora, participan no acto a profesora e escritora Margarita Ledo e Manuel Bragado, director da editorial.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 5. Mércores.
18.00 Obradoiro de teatro impartido por Yolanda Calvo Carballo.
19.00 A escritora Antía Otero presenta o seu poemario (Retro)visor, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto, xunto coa autora do libro, o poeta Estevo Creus e Fran Alonso, en representación da editorial.
20.00 Antón Lopo presenta o seu libro A distancia do lobo. Biografía de Uxío Novoneyra, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto co autor, participarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e Herminio Barreiro, profesor da facultade de Ciencias da Educación, da U.S.C.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 6. Xoves.
18.00 Contacontos a cargo de Marisa Irimia.
19.00 Presentación do poemario Acusación, de Xiana Arias Rego, publicado pola Editorial Galaxia. Xunto coa autora, participarán no acto Carlos Lema, director de edicións de Galaxia e o escritor Manuel Darriba.
20.00 Presentación do libro Denso recendo a salgado, de Manuel Portas, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto o alcalde de Compostela, Xosé A. Sánchez Bugallo, a escritora Rosa Aneiros e o Director Xeral da editorial, Manuel Bragado. Ao remate, a música Clara Pino (integrante de Cobalblue) interpretará, coa arpa celta, o tema Alalá do viquingo.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 7. Venres.
18.00 Obradoiro de marcapáxinas realizado por Fabiola Cuevas Fernández.
19.00 Presentación do Audio – Libro de Uxío Novoneyra Tempo de elexía, edición bilingüe, publicado por Alvarellos Editora. Participarán no acto o fillo do autor, Uxío Novoneyra Rey o editor Enrique Alvarellos
20.00 Presentación do libro Os celtas. Unha (re)visión dende Galicia, de Francisco Calo Lourido, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Xunto co autor, participarán no acto Xerardo Pereira – Menaut, catedrático de Historia Antiga da USC e Manuel Bragado, director da editorial.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 8. Sábado.
13.00 O humorista Roberto Bodegas, asinará exemplares do seu libro Novedades, souvenirs, artículos de coña, publicado por Auga Editora.
18.00 Actuación do grupo de teatro infantil Os Repeniques, representando a obra Mimos, de Albert Ponte.
19.00 Presentación do libro En castellano no hay problema, de Carlos Caión, publicado por Edicións Xerais de Galicia. Participan no acto, Caetano Díaz, director de Galicia Hoxe, Pilar García Negro, profesora da UDC. Colabora a Asociación Cultural O Galo e a Mesa Pola Normalización Lingüística.
20.00 O escritor Gonzalo Xosé Francisco da Rocha presentará o seu libro Xeografía real e mítica das augas de Galicia, publicado por Baía Edicións. Xunto co autor, participarán no acto o presentador de televisión, Manuel Torrente e Belén López Vázquez, directora da editorial.
21.15 Sorteo dun lote de libros.
Día 9. Domingo.
12.30 Concerto do guitarrista David González.
13.30 Presentación da editorial Kns Ediciones, no seu décimo aniversario, especializada en libros de manexo, adestramento e etoloxía canina. Participará no acto o editor Benigno Paz. Ao remate do acto, o adestrador Pedro Salas fará unha exhibición nas instalacións da feira.
18.00 A maxia na feira do libro. Actuación do Mago Vituco. Actuación Mago Vituco
19.00 Nova actuación do Mago Vituco
21.15 Sorteo dun lote de libros.
21.30 Peche da Feira do Libro.
RELACIÓN DE PARTICIPANTES
1.Secretaría e Información
2.A Serpe Edicións
3.Libraría Pedreira. Santiago.
4.Libraría Aenea. Santiago.
5.Ediciones Boreal.
6.Ler Librerías. A Pobra do Caramiñal.
7.Libros Para Soñar. Vigo.
8.Consorcio Editorial Galego.
9.Libraría Abraxas. Santiago
10.Espacio Lector Nóbel. Santiago
11.Extramuros Facsímiles
12.7 Mares Libros. A Coruña.
13.Librería Rivero. Vigo.
14.Urco Editores e 2.0 Editorial.
15.Libraría Brea. Betanzos.
16.Libraría Cartabón. Vigo.
17.Gran Enciclopedia Galega.
18.Libraría Brañas. Carballo
19.Librería Orizales. A Coruña.
20.Editores de Compostela
21.El Patito Editorial
22.Consellería de Cultura. Biblioteca Pública Ánxel Casal
Compostela: presentación de (Retro)visor, de Antía Otero
A presentación do último poemario de Antía Otero, (RETRO)VISOR (Xerais), será dentro da Feira do Libro na Alameda de Compostela o día 5 ás 19:00. Partiparán Fran Alonso e Estevo Creus.
Madrid: recital do Grupo Bilbao
Culleredo: presentación da Poesía galega completa de Ramón Cabanillas
O 5 de maio, ás 20:00 na Biblioteca “Uxío Novoneyra” (Pazo de Vila Melania – Vilaboa, Culleredo), terá lugar a presentación do libro Poesía galega completa, de Ramón Cabanillas. O acto, que contará coa participación de Celestino Poza Domínguez (concelleiro de Cultura de Culleredo), Manuel Bragado (director de Xerais), Xosé María Dobarro (coautor da edición) e Xosé Ramón Pena (coautor da edición).
Ourense: presentación de Incivil, de Xoán Carlos Domínguez Alberte
A Editorial Toxosoutos e a Livraria Torga de Ourense teñen o pracer de convidalo á presentación do libro Incivil. Intervirán Xoán Carlos Domínguez Alberte (autor) e Delfín Caseiro (profesor e escritor). Será o mércores 5 de maio de 2010, ás 20:00 h. na Livraria Torga – Ourense.
Marta Dacosta fala do seu blogue
Remata o prazo do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010
O luns 3 de maio remata o prazo do VI Premio a artigos xornalísticos normalizadores Concello de Carballo 2010.
- Outorgarase un premio de 1.200 euros e a publicación do artigo
- Os artigos poden presentarse até o luns 3 de maio en Correos ou no Pazo da Cultura carballés
- Co premio colaboran 11 medios, que publicarán o artigo gañador
Aínda se poderán presentar os traballos no propio Pazo da Cultura (até as 14.00 h) ou en calquera oficina de Correos do país (até a hora de peche da correspondente oficina). No caso dos artigos enviados por correo, tense en conta a data do selo de entrega en Correos, e non a data de recepción dos artigos.
Outorgarase un premio económico ao artigo gañador, dotado con 1.200 euros, ademais da difusión nos once medios colaboradores coa iniciativa: A Nosa
Terra, A Peneira, Diario de Bergantiños, El Periódico de Bergantiños-Radio Líder, Galicia Hoxe, La Opinión de A Coruña, La Voz de Galicia, Longa
Lingua, Tempos Novos, Vieiros e Xornal de Galicia.
As bases completas do premio poden consultarse no sitio web do Concello de Carballo. Tamén se pode obter máis información no teléfono 981 704 304 ou no enderezo electrónico normalizadorarrobacarballo.org.

