Amenábar compra os dereitos da novela de David Monteagudo
III Encontro Cidade da Coruña
Coa participación de Juan Gelman, Alberto Mangel, Hélia Correia, Miguel Anxo Murado e Xabier P. Docampo
(A Coruña, 9 abril 2010).- Organizado pola Asociación de Escritores en Lingua Galega co patrocinio e colaboración da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, o luns día 12 de abril, ás 11,30 horas na Sala de Prensa do Concello da Coruña (Pazo de María Pita) será presentado en rolda de prensa o III Encontro Cidade da Coruña, que se desenvolverá na sede da Real Academia Galega (rúa Tabernas 11, A Coruña), baixo o lema “Literatura e viaxe”, segundo o seguinte programa:
19 de abril
Juan Gelman: “Baixo chuvia allea”
28 de abril
Miguel Anxo Murado: “Inventar un lugar en vez dunha historia”
5 de maio
Hélia Correia; “A poeira falante”
11 de maio
Alberto Mangel: “O camiño da lectura”
19 de maio
Xavier P. Docampo: Viaxes imaxinarias”
Estarán no acto de presentación: María Xosé Bravo (concelleira de Cultura do Concello da Coruña) e Cesáreo Sánchez (presidente da Asociación de Escritores en Lingua Galega)
Saúdos
Gabinete de Comunicación da AELG
Tel. 660 530 525
Correo-e: prensaarrobaaelg.org
Lugo: Mostra de teatro especial
«O Xacobeo 2010 e a Fundación Anade, que traballa na integración social e laboral de persoas con discapacidade, presentaron o luns 5 de abril en Lugo a Mostra de teatro especial, unha iniciativa incluída no ‘Camiño das Artes Escénicas’ da programación do Xacobeo, que se iniciou na capital lucense e concluirá o próximo 8 de abril.» (El Progreso)
Maribel Longueira colabora con Eva Veiga e con Elena Poniatowska
«A fotógrafa Maribel Longueira, que colabora habitualmente con poetas, prepara con Eva Veiga un libro de próxima aparición e ten un proxecto coa escritora mexicana Elena Poniatowska» (GaliciaHoxe.com)
Luz Pozo, a mellor autora nos Premios Irmandade do Libro
«A escritora Luz Pozo Garza resultou elixida gañadora na modalidade de mellor autor nos XIX Premios Irmandade do Libro, organizados pola Federación de Libreiros de Galicia, pola súa “impecable traxectoria literaria e a fecundidade e calidade da súa obra poética”.» (Xornal.com)
“Dicimos Galego”, un ciclo de cinema do Ateneo Ferrolán
Toda a información no blogue do Ateneo Ferrolán.
A Coruña: palestra “Um ano do governo Feijóo”, por Joám Antom Pérez-Lema
«A Agrupaçom Cultural O Facho de A Corunha convida-o assistir aos seus ciclos de palestras públicas do período 2009-10.
Palestra
O vindouro dia 13 de Abril, terça-feira (martes), o Ex-Secretário Geral de Relaçons Institucionais da Vice-presidência da Junta de Galiza, Joám Antom Pérez-Lema falará dentro do ciclo, Economia, História e C.C. Sociais organizado pola nossa Agrupaçom. A sua exposiçom tratará sobre a realidade política galega hoje, sob o título de “Um ano do governo Feijóo”.
Joám Antom Pérez-Lema é Licenciado em Direito e Letrado Assessor de Empresas (UPC-ICADE). Cursou estudos de doutoramento de Santiago de Compostela. Advogado em exercício dende 1989, assim mesmo foi professor de Sistema Político Galego na Universidade de Vigo e de Direito Administrativo na Escola de Prática Jurídica do Colégio de Advogados d’A Corunha e professor da EGAP a funcionários de entidades locais.
Foi chefe do Gabinete da Conselharia da Presidência e Administraçom Pública da Junta entre Outubro do 1987 e Fevereiro do 1990 e também Secretario das
Comissons Mista de Transferências e Bilateral Administraçom do Estado-Junta de Galiza. Relator da área da Administraçom de Justiça no Foro “Novo Estatuto” promovido polo BNG (2004-05). Autor de mói variados trabalhos jornalísticos e jurídicos (entre estes os últimos sobre Procedimento Administrativo nas Corporaçons Locais, estudo comparado da regulaçom da justiça nos últimos Estatutos e projectos de Estatutos autonómicos e sobre a organizaçom territorial da Galiza).
Dia: 13 de Abril do 2010 – Hora: 8 do serám. Local: Fundaçom Caixa Galicia- Os Cantons. Corunha.»
Secretaria d’O Facho
Agrupaçom Cultural O Facho
Rua: Frederico Tápia 12-1º-C
15005 A Corunha
Pep Bruno e Mariona Cabassa gañan o III Premio Internacional Compostela
«A obra titulada “La Familia C”, con texto de Pep Bruno (Barcelona, 1971) e ilustracións de Mariona Cabassa (Barcelona, 1977), é a gañadora do III Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados. O galardón, cunha dotación de 12.000 euros, conleva a publicación do libro en galego, castelán, catalán, euskera e portugués. Os traballos do catalán Raimon Juventeny Corberó, “Manual del buen paseante. Descripción en veinte puntos”, e da arxentina Vanina Soledad Starkoff, “Bailar en las nubes”, son os finalistas do certame.
O fallo do III Premio Internacional Compostela de Álbum Ilustrado marca o inicio da X Campaña de Animación á Lectura que organizan o Departamento de Educación do Concello de Santiago e KALANDRAKA, en colaboración coa Galería Sargadelos. Co lema “Un gran soño”, a campaña vólcase un ano máis en desenvolver actividades dirixidas a pre-lectores, escolares, educadores,
bibliotecarios e promotores de lectura, público familiar e, por primeira vez, futuros creadores artísticos. Ata o 22 de maio, o programa ofrece sesións de contos e música, visitas guiadas á exposición de ilustracións e obxectos artísticos, obradoiros de escrita creativa e de ilustración, actividades formativas para o profesorado, encontros con ilustradores e charlas para familias.»
A Coruña: presentación de Novoneyra/Celso Emilio, de Manuel Castelao
Máis información sobre a obra na web de Edicións Laiovento.
