Desde Nós Diario:
“O Xurado do VII Premio Agustín Fernández Paz de narrativa infantil e xuvenil pola Igualdade, convocado polo Instituto de Estudos Chairegos, o Concello de Vilalba (comarca da Terra Chá) e Edicións Xerais, e formado por Don Manuel Bragado Rodríguez, Dona Beatriz Maceda Abeleira e Don Pablo Nogueira Campo. O Xurado acordou, por unanimidade, outorgar o premio á obra titulada Quen precisa unha avoa?, da autora Andrea Barreira Freije.
O dítame valorou na novela o novidoso enfoque sobre o idadismo (discriminación contra persoas ou colectivos por razóns de idade, especialmente cando esta se produce contra as persoas maiores), a toma de consciencia sobre as necesidades das avoas por parte das crianzas, así como a importancia da observación e os coidados nas residencias de maiores.
A conciliación familiar, o tecido da rede de afectos e a sororidade entre todos os personaxes son outros temas desta novela na que a autora a través do humor transmite dun xeito maxistral a complicidade entre diferentes xeracións. (…)”
Roteiro Construíndo a ciencia. Desmontando o corpo, con Andrea Barreira, na Coruña
O Roteiro Construíndo a ciencia. Desmontando o corpo, guiado por Andrea Barreira, é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
Debido ás inclemencias meteorolóxicas adversas, terá lugar o sábado 4 de novembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña, tendo como punto de saída a Escalinata da Domus (Rúa Ángel Rebollo, 91).
Cansa da pregunta de se es de ciencias ou letras? Son dous aspectos do coñecemento incompatibles? Co roteiro ao redor de Elisa e Jimena Fernández de la Vega, descubriremos varias cousas:
1.-Coñeceremos a vida das xemelgas, o que nos axudará a recuperar os referentes científicos femininos tan necesarios para non perder os elos de quen nos precede, para remediar a sensación de comezar sempre de cero (tamén no eido científico), para recoñecer o labor das mulleres na investigación. O ano 2021 foi adicado a Jimena Fernández de la Vega como científica galega, un roteiro pode ser un bo xeito de lembrar os seus fitos sen esquecer o traballo de Elisa.
2.-Poderemos descubrir a relación ciencia-letras a través de textos de autoras como María Canosa, Xela Arias, Marga Tojo, Estíbaliz Espinosa, Ledicia Costas, Cris Pavón… fiando a vida de Elisa e Jimena con fragmentos destas obras, entre outras.
3.- A necesidade de construír divulgación e ciencia en galego a través, neste caso, do título Construíndo a ciencia. Desmontando o corpo. As xemelgas Fernández de la Vega, escrito por Andrea Barreira Freije, da editoria coruñesa Baía Edicións, editora que promove a divulgación científica en galego.
4.- Aprender e desenvolver o coñecemento é algo divertido.
5.- Mergullarnos na Coruña máis científica.
Agradecemos que as persoas interesadas se inscriban previamente no correo electrónico oficina@aelg.org, indicando o seu nome e apelidos. A inscrición realizarase por orde cronolóxica de chegada das solicitudes.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.
Ferrol: presentación de As voces amadas, de Lois Diéguez
A lebre mecánica, de Ledicia Costas, entra no catálogo internacional The White Ravens
Desde Cultura Galega:
“Cada ano 20 especialistas en literatura infantil e xuvenil selecciona, entre as doazóns que recibiu a biblioteca durante o ano, as obras coas que a Internationale Jugendbibliothek (Biblioteca Xuvenil Internacional) elabora un catálogo con 200 títulos, publicados no ano anterior, procedentes de 57 países e escritos en 39 linguas diferentes. Na actualización deste 2023 recóllense tres libros do sistema editorial galego, un deles a obra gañadora do Premio Lazarillo 2022, A lebre mecánica (Eds. Xerais) de Ledicia Costas, no seu orixinal en galego, e outros dous en castelán de dúas editoras galegas, aínda que teñen edición traducida ao galego: A nota, de Pilar Serrano Burgos e Daniel Montero Galán en Kalandraka; e Peixe, de Emilio Urberuaga e Javier Zabala, publicado por Bululú. The White Ravens é, xunto coa Listaxe de Honra do IBBY, unha das distincións máis importantes da literatura infantil e xuvenil do planeta.”