Ferrol: Roteiro A historia da represión lingüística en Ferrol, con Carlos Callón, o 27 de agosto
Foz: actividades do 18 de agosto na Feira do Libro 2023
Carnota: presentación de Ser cetáceo, de Francisco X. Fernández Naval, o 17 de agosto
Residencias Mariñán de Literatura e Pensamento. Esther Carrodeguas. Decembro 2022
Bases reguladoras para a concesión de subvencións para a participación de persoas creadoras galegas en residencias literarias fóra de Galicia, 2023
Alexandre Peres Vigo: “A literatura castelá do século XVII favoreceu a aparición do autoodio entre o galegos”
Entrevista de Cilia Torna a Alexandre Peres Vigo en Nós Diario:
“(…) – Nós Diario (ND): Acaba de publicar Através Editora un libro da súa autoría titulado Do ódio à paródia, onde se analiza o estereotipo antigalego na literatura española do século XVII. Como nace este proxecto?
– Alexandre Peres Vigo (APV): Pois podemos dicir que foi unha sucesión curiosa de feitos. O tema sempre me fascinou, e de feito ese período centrou boa parte da miña tese de doutoramento que tiven a honra de que dirixise Manuel Ferreiro. Hai que dicir que o tema leva décadas sendo estudado e este libro, impulsado por Através, pretende ser unha achega máis, exhaustiva, que nos axude a coñecer mellor esa imaxe, ese estereotipo tan sumamente deformado de nós como colectividade humana, como nación.
– ND: En termos xerais como foron descritos os galegos e galegas desa época na literatura do denominado “Século de Ouro español”?
– APV: Sen dúbida, dunha forma extraordinariamente negativa, e niso hai total unanimidade entre os estudosos e estudosas do tema, dentro e fóra de Galiza. E non é fácil atopar outros casos similares na literatura española. Dun punto de vista moral, eramos acusados de sermos ladróns, traidores, falsos, malos cristiáns ou herexes. Inclusive nos imaxinaba como seres feos e grotescos, de brazos e pés desproporcionados. Algún autor mesmo nos considerou “monstruos”, xa non digamos bestas. O noso idioma, por ser noso, tamén foi tratado de zafio e ridículo. No caso das mulleres esa ridiculización foi moi acusada, negábaselles todo o que a sociedade do momento valorada da muller. Por iso as mulleres galegas sempre son descritas como obscenas, rústicas e de modais baixos. Na maior parte dos casos somos retratados como inmigrantes míseros, criadas e lacaios cobizosos, sucios e bebedores. Podemos dicir que os galegos eramos vistos como a perfecta antítese dos valores cortesáns de Castela. O tema é moi longo mais creo que está ben resumido e organizado no libro. (…)”
Vigo: expo efémera arredor de O paso do noroeste
Foz: actividades do 17 de agosto na Feira do Libro 2023
Moaña: Escola de Escritoræs. Obradoiro de creación literaria Unha formiga baixo a cama, con Míriam Ferradáns
O Obradoiro de creación literaria Unha formiga baixo a cama, impartido por Míriam Ferradáns, cunha sesión especial con Ismael Ramos, é unha iniciativa da Escola de Escritoras-es da AELG, coa colaboración do Concello de Moaña e o patrocinio da Xunta de Galicia.
Unha formiga percorre o chan do cuarto. Sobe polas paredes. Regresa áxil e veloz pola cabeceira e métese baixo a cama. Só é un escuro insecto minúsculo. Un diminuto insecto minúsculo. Entón, por que nos interpela? Que sabe de nós? Da nosa estrañeza? Por que sentimos que se trata dunha sombra que medra?
Quizais só o poema pode atopar a formiga baixo a cama. Quizais debamos intentalo.
Terá lugar na cMo – Casa da Mocidade de Moaña (Rúa María Martín).
Hai 20 prazas para persoas maiores de 18 anos. A inscrición, gratuíta, pode realizarse, indicando nome e apelidos, no correo electrónico oficina@aelg.org
Calendario e horarios
– Sábados 9, 16, 23 e 30 de setembro; 7 e 14 de outubro de 2023, de 10:30 a 13:30 h.
– Sábado 21 de outubro de 2023, de 11:00 a 13:00 h.
Información sobre protección de datos
A responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.