Manuel López Rodríguez gaña o XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía
Desde Nós Diario (foto do autor por Andrea Fernández Maneiro):
“Manuel López Rodríguez resultou gañador do XXVI Premio Johan Carballeira de Poesía convocado polo Concello de Bueu co poemario 831-Urb, que salientou de entre as cincuenta e tres obras presentadas.
O xurado, que se reuniu onte, estivo conformado polas poetas e profesoras Lucía Novas e Elvira Ribeiro, e Antón Lopo, tamén poeta e editor. Na acta, o xurado destacou que “é un libro de distopía cunha forte narratividade que ensaia unha forma de poesía híbrida, metamórfica onde o poder é descrito con crueza”.
A obra está escrita con versos rotos, prosa tecnificada e golpes de efecto que axudan a construír un libro que “pode lerse tamén como unha aventura de disfraces”.
Manuel López, poeta de Noia, cofundou o Colectivo Literario Sacou. Ten publicado libros individuais como Antítese nativa, Rompe, Desde onde non nace, Vangarda ule ou Nas pulsacións, alén de participar en revistas e volumes colectivos.
A súa obra mereceu numerosos premios de poesía, como o Suso Vaamonde, o Eduardo Pondal, o López Ardeiro, o Rosalía de Castro, o Francisco Añón do Concello de Outes, ou o Lueiro Rei, entre outros.
O premio, dotado con 1.500 euros, naceu coma unha homenaxe ao político nacionalista, poeta e xornalista de Bueu, José Gómez de la Cueva, máis coñecido como Johan Carballeira, que tamén foi alcalde de Bueu até o seu asasinato a mans dos franquistas.
Amais, o poemario publicarase o próximo ano na colección de poesía da editorial Xerais.”
Compostela: presentación de Plus Ultra. Transición ao futuro, de Alberto Varela Ferreiro
Gondomar: presentación de De Compostela ao exilio interior. Francisco Fernández del Riego, de Antón Mascato
Cuntis: presentación de O meu amigo Conto, de Fernando González Graña
Ribeira: presentación da versión galega de Un coup de dés, de Stéphane Mallarmé, traducida por Eme Cartea
Deusto: conferencia “Francisco Fernández del Riego. Vida e compromiso galeguista”, de Uxío-Breogán Diéguez
A Coruña: presentación de Tesouro espeleolóxico galego, de Xavier Groba e Alba Cid
Vigo: presentación de A muller xabaril, de Fina Casalderrey
Manuel Núñez Singala faise co Premio dos Clubs de Lectura de 2023
Desde Nós Diario:
“O escritor Manuel Núñez Singala vén de gañar o Premio dos Clubs de Lectura de 2023. Así o recoñece unha resolución publicada esta sexta feira (co gallo da celebración do Día Mundial do Libro) pola Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
Trátase dun galardón que busca recoñecer o labor das autoras e dos autores de obra en galego que “facilitan” cos seus libros a función do profesorado como mediador de lectura e que “concitan o interese” das lectoras e dos lectores que participan nos clubs de lectura.
Núñez Singala foi o autor seleccionado polo maior número de clubs de lectura dos centros de ensino do país. Será convidado a participar na XV Xornada dos Clubs de Lectura, onde recibirá a homenaxe do profesorado e, por el representado, de todos os lectores e lectoras participantes nos clubs de lectura dos centros de ensino primario e secundario da Galiza. (…)”