Betanzos: presentación de Ricardo Carvalho Calero. Obra literaria: poesía, teatro e narrativa
Nigrán: presentación de O bosque do duque, de Fran Fernández Davila
A Coruña: presentación de Cabanillas/Otero Pedrayo, de Manuel Castelao Mexuto
Vigo: presentación de Fortunato quere ir á Lúa, de Carlos López
Compostela: recital-presentación de Ontoloxía poética, de Carlos Santiago
Pontevedra: presentación de Os anos do silencio, de Xosé Álvarez Castro
Dispoñíbeis as Actas da XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral
Xa está dispoñíbel o número 29 da revista Escrita Contemporánea, que recolle as Actas da XIV Xornada de Literatura de Tradición Oral. O medo é libre. Os mecanismos do medo na literatura de tradición oral, que tiveron lugar en outubro de 2021, na cidade de Lugo.
Pode descargarse desde aquí.
Escena para Todas 2021
Escena para Todas 2021 é unha iniciativa da AELG co apoio da Deputación da Coruña.
Escena para todas quere promover o coñecemento e o uso da literatura galega nas aulas do país, poñendo en contacto ao estudantado con contidos que están fóra do currículo escolar e ofrecendo unha referencia de actividades ao profesorado. Co teatro como protagonista, este proxecto da AELG pretende que a rapazada perda o medo ao ir ao teatro e se anime a pasar das aulas aos patios de butacas.
A achega de Escena para todas vén de man do crítico teatral, xornalista e escritor Camilo Franco, que explica algunhas das razóns prácticas para ser espectadoras/es activas/os a partir de tres fragmentos da obra Só un home bo, de Raúl Dans, que o alumnado tamén pode ver en liña.