“O pasado ano 2019 a Asociación Cultural Lisístrata convocaba o I Premio de Oratoria Filomena Dato para o alumnado dos diferentes ciclos do Ensino Obrigatorio, coa intención de promover o Idioma Galego e o Feminismo, ademais de render homenaxe a Filomena, un dos escasos referentes do feminismo do S. XIX e segunda escritora, despois de Rosalía, que publicaría un libro en galego nese século.
Este premio, o primeiro que leva o nome da “poeta das Mariñas” e que nesta primeira edición ten como tema a sororidade, terá o seu acto de entrega o domingo 26 de xullo ás 12:00 h. no Anfiteatro do Concello de Arteixo. Será un acto axustado ao protocolo Covid que consistirá nunha breve presentación, entrega de premios as persoas gañadoras, que expoñerán o seu traballo ante o público e como colofón a obra de Filomena soará na voz de Ana Hermida.”
Entrevista a Elena Gallego Abad no Diario de Pontevedra
Insuas de Gres (Vila de Cruces): presentación de Esca, de Antonio Piñeiro
Melide: presentación de O caderno de Rosalía, de María Xesús Blanco
Padrón: Inchadiña branca vela 2020
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 24 de xullo
O 24 de xullo continúa a Feira do Libro de Rianxo (no Campo de Arriba, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 12:00 h. María Xesús Blanco asina O caderno de Rosalía, publicado por Galaxia.
– 18:30 h. José María Rodríguez Tubío asina Liorta viquinga, publicado por Mascolor Comunicación.
– 19:30 h. Charo Baleirón asina De Carballo Calero a Carvalho Calero, publicado por Hércules.
Rianxo: actos destacados na Feira do Libro 2020 para o 23 de xullo
O 23 de xullo comeza a Feira do Libro de Rianxo (no Campo de Arriba, con horario de 12:00 a 14:00 horas, e de 18:30 a 22:30 h.), organizada pola Federación de Librarías de Galicia, cos seguintes actos literarios destacados para este día:
– 13:00 h. Inauguración. Pregón de Xosé Ricardo Losada.
– 20:30 h. Natalia Carou asina O mal querer, publicado por Baía.
– 21:30 h. Xosé Ricardo Losada asina A casa xunto ao volcán, publicado por Galaxia, e o resto da súa obra.