A
sexta feira, 23 de marzo, ás 20:30 horas, na Aula de Cultura do Edificio do Arquivo (Liceo) de Betanzos, terá lugar un novo acto de homenaxe a Rosalía polo 175 aniversario do seu nacemento. O acto, coorganizado pola plataforma Queremos Galego das Mariñas e as asociacións culturais Eira Vella e Roxín Roxal, contará coa colaboración do CEIP Francisco Vales Villamarín da Cidade dos Cabaleiros, e consistirá na lectura de textos e proxección dunha curtametraxe, contando co acompañamento da música do cantor Fucoxabier.
Arquivos da etiqueta: A. C. Eira Vella
Betanzos: presentación de Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón
A
sexta feira 3 de febreiro, ás 20:30 horas, no Liceo de Betanzos, preséntase Como defenderes os teus dereitos lingüísticos, de Carlos Callón, publicado en Xerais. No acto, organizado pola Mesa pola Normalización Lingüística, e as asociacións Roxín Roxal e Eira Vella, en colaboración coa Deputación da Coruña, participará o propio autor.
Betanzos: presentación do nº 32 da revista A Xanela e concerto de Sés
Betanzos: conferencias de Xosé Miranda e Alfredo Erias nas II Xornadas da Historia
O
xoves 24 de
novembro , ás 20:30 horas, no Salón Azul do Edificio do Arquivo de Betanzos, comezan as II Xornadas da Historia. Betanzos na Idade Media, organizadas pola A. C. Eira Vella, cunha conferencia a cargo de Xosé Miranda, baixo o título A Galicia máxica: Lendas. O venres 25 de novembro, tamén ás 20:30 horas, Alfredo Erias ofrecerá outra conferencia, titulada O Medievo en Betanzos.
Betanzos: presentación de Sermos Galiza
A sexta feira, venres
4 de novembro, ás 20:30 horas, np Salón Azul do Liceo de Betanzos, organizada conxuntamente polas asociacións Roxín Roxal e Eira Vella, terá lugar a presentación do proxecto Sermos Galiza, coa presenza de Xosé Ramón Freixeiro Mato, Rubén Lois e Xurxo Souto.
Betanzos: presentación de No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero
O
xoves 27 de outubro, ás 20:30 horas, no Salón Azul do Edificio Arquivo de Betanzos, terá lugar a presentación do libro de poemas No papel que mudo escoita, de Baldomero Iglesias, Mero. No acto, organizado pola A. C. Eira Vella, interveñen: Xulio Xiz, Alfonso Branco, David Otero, Alfonso Sanmartín e Sabela Arias, acompañando ao autor, xunto á actuación musical de Miro Casabella.
Betanzos: presentación de Señardade da luz, de Miguel Mato
Betanzos: presentación de Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria, de Francisco Rodríguez
O xoves 28 de abril, ás 20:30 h., no Salón Azul do Edificio Liceo de Betanzos, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) e a A. C. Eira Vella presentan o libro Rosalía de Castro, estranxeira na súa patria (a persoa e a obra de onte a hoxe), de Francisco Rodríguez, editado pola propia AS-PG.
A Coruña: presentación de Espertar, de Lino García e Helena Robredo
O
xoves 16 de decembro, a partir as 21:00 h., no Salón de Actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase o libro de poemas Espertar, coa obra de Lino García e as fotografías de Helena Robredo, publicado pola A. C. Eira Vella. No acto intervervirán un representante de Alexandre Bóveda, Gabriela Rodríguez, presidenta de Eira Vella, o escritor Xabier López, autor do prólogo do libro e Lino García Salgado.

