A Coruña: presentación de Unha etapa estelar e conflitiva de Galiza (a segunda metade do século XIV) Tomo II. Un reino con clase dirixente, de Francisco Rodríguez

A Coruña: conferencia “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”, por Olivia Rodríguez González

O 30 de novembro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Olivia Rodríguez González, profesora de Filoloxía da UDC e comisaria da exposición Constelación Luz. Luz Pozo Garza, poesía, arte e vida (1922-2022) exhibida de xuño a novembro de 2022 na Biblioteca de Galicia para conmemorar o centenario da poeta, falará sobre “Luz Pozo Garza: fusión de poesía e vida”.
Destaca en Luz Pozo Garza a capacidade artística de converter a experiencia vital en poesía. Pódese así reconstruír, na lectura dos seus textos, momentos biográficos que deveñen símbolos diante do misterio da vida. A poeta deixou escrito que quería contribuír ao poema total axudando a desentrañar ese misterio, cunha obra ofrecida como a forma persoal de prender unha chama, de acender unha lámpada.
As persoas interesadas deben enviar os seus datos a través deste formulario.

Roteiro “A Coruña, cidade da literatura” 2022

A Coruña: Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira, por Ernesto Is

O 16 de novembro, ás 16:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, Ernesto Is ofrecerá unha palestra baixo o título Mil vidas: María Casares e as pezas teatrais que marcaron unha carreira. As persoas interesadas poden anotarse no correo electrónico acab@mundo-r.com

A Coruña: “A India hoxe: as viaxes da viaxe”, con Cesáreo Sánchez Iglesias, o 10 de novembro

Desde a A. C. Alexandre Bóveda:
“O xoves 10 de novembro, ás 19:30 h, o poeta Cesáreo Sánchez Iglesias, falaranos da India hoxe: as viaxes da viaxe.
Que viaxe é posible hoxe a unha cultura tan complexa e tan lonxincua. Que papel xogou o colonialismo na India actual. A sociedade actual. O hinduísmo. As relixións ateas ou non teistas. A muller na sociedade actual, unha aproximación.
Cesáreo Sánchez Iglesias (Dadín-Irixo, 1951) é autor dunha ampla obra, principiada en 1978 con Silencios e conversas de inverno. Foi director de Edicións A Nosa Terra e presidente do semanario do mesmo nome. É presidente da AELG. O seu último libro publicado é A árbore que dá as lágrimas de Shiva, en Edicións Xerais.
Se queres asistir a esta actividade, envíanos os teus datos a través deste formulario.”