As persoas que queiran asistir deben inscribirse previamente aquí.
As persoas que queiran asistir deben inscribirse previamente aquí.
Para participar, cómpre inscribirse mediante este formulario.
As persoas interesadas deben inscribirse previamente aquí.
O sábado 6 de novembro, ás 12:00 horas, terá lugar o roteiro Rosalía de Castro na Coruña nun tempo decisivo, con Pilar García Negro.
A estadía de Rosalía de Castro na Coruña coincide cun tempo histórico decisivo e ten a ver coa creación da súa magna obra, Follas novas, anunciada xa en 1872 mais que demora oito anos en ver a luz.
Duración do roteiro: 1 hora e 15 minutos.
Punto de encontro: Xardín de San Carlos ás 12 h.
Para poder participar cómpre inscribirse no correo electrónico acab@mundo-r.com
O 28 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase a novela Deixádenos remar, de Ana Cabaleiro, publicada por Xerais. As persoas interesadas deben inscribirse mediante este formulario.
Todas as actividades son abertas, ata completar capacidade, agás a visita guiada ao Arquivo Municipal e a visita nocturna ao teatro Rosalía que precisan de inscrición previa.
O 21 de outubro, ás 19:30 horas, no local da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase o libro Idioma e sociedade. Sobre normalización e planificación da lingua galega, de Xosé Ramón Freixeiro Mato, publicado por Laiovento. As persoas interesadas deben inscribirse enviando un correo electrónico a acab@mundo-r.com
O 14 de outubro, ás 19:30 horas, na A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º), na Coruña, preséntase O portugués esquecido. O galego e os dialectos portugueses setentrionais, de Xosé Manuel Sánchez Rei, publicado por Laiovento. O autor estará acompañado por Xosé Ramón Freixeiro Mato e Xurxo Souto. Para asistir cómpre inscribirse mediante o seguinte formulario.