O
martes 28 de outubro, ás 20:00 horas, no salón de actos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, Manuel Ferreiro pronunciará a conferencia A nosa toponimia, que será a primeira do Ciclo Recuperación, análise e divulgación da toponimia menor da Coruña e da súa comarca, patrocinado pola Deputación da Coruña.
Arquivos da etiqueta: Agrupación Cultural Alexandre Bóveda
A Coruña: presentación da Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974)
O
martes 21 de outubro, no salón de actos da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Correspondencia entre Manuel María e Ramón Otero Pedrayo (1951-1974), publicada pola Fundación Manuel María de Estudos Galegos. No acto participan os responsábeis da edición, Xosé Manuel Sánchez Rei e Estefanía Mosquera Castro, acompañados por Xosé Ramón Freixeiro Mato. Posteriormente abrirase un coloquio co público presente.
A Coruña: presentación da Fundación Gonzalo López Abente
O
venres 20 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, preséntase a Fundación Gonzalo López Abente. No acto participan Miguel Mato, Suso Sambade e Xosé Henrique Rivadulla Corcón.
A Coruña: presentación de Exeria. Nos límites do mundo, de Arturo Iglesias
A Coruña: conferencia de Pilar García Negro sobre Xosé María Díaz Castro
O
martes 10 de xuño, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha conferencia de Pilar García Negro arredor de Xosé María Díaz Castro, que será presentada por Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da asociación.
A Coruña: charla de Pilar García Negro na A. C. Alexandre Bóveda
O
martes 20 de maio, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18, 1º) da Coruña, terá lugar unha charla de Pilar García Negro co título de A nosa lingua e a nosa cultura tamén se defenden en Europa, que será presentada por Xosé Manuel Sánchez Rei, presidente da asociación.
A Coruña: Xosé Ramón Freixeiro Mato no programa Recendo, en CUAC FM
O
martes 13 de maio, no programa de radio Recendo da A. C. Alexandre Bóveda, transmitido en CUAC FM, estará como convidado Xosé Ramón Freixeiro Mato, que falará sobre o seu libro Estilística da lingua galega, entre outros apartados. O programa, que se emite todos os martes de 19:00 a 20:00 horas, pódese escoitar no 103.4 FM na comarca da Coruña, e en directo en internet, na web da emisora, pulsando o botón En directo. En diferido, pódense escoitar todos os programas xa emitidos, en Recendo blog.
A Coruña: presentación de Nunha presa de terra, de Paco Castro Alvarado
A Coruña: presentación do libro colectivo Alén do silencio
O
xoves 20 de marzo, ás 20:00 horas, no salón de actos da A. C. Alexandre Bóveda (Rúa Olmos, 16-18) da Coruña, preséntase o libro colectivo Alén do silencio. No acto participan, entre outras/os, María Luísa Abad, Pepe Ancosmede, Raquel Bello, Rita Bremmer, Mariquinha C., Natalia Concheiro, Carmen Conde, Ana Croas, José Estévez, Anxo Fernández Laxe, María José Fernández López, Xurxo Gago, Beti Guiance, Xosé Iglesias, Ra Iribarnegaray, Antom Laia, Catarina Laxe, Guillerme López, Iria López, Luís Mazás, Miguel Melero, Mila Miguélez, Raquel Naya, María Porta, Marité Prieto, Teresa Ramiro, Paula Sánchez, Paco Souto, Ricardo Souto, Clara Vidal, Ramiro Vidal, e María Xestal. Tamén participa, na parte musical, César Morán.


