Arquivos da etiqueta: Alberte Ansede
“Recuperar a Manuel María é tamén recuperar valores democráticos”
Desde
Praza:
“”Vivimos nuns tempos nos que hai unha falta de valores; recuperar a Manuel María é recuperar valores democráticos, o amor á terra e a defensa da lingua. Se non coñecemos a nosa tradición e as nosas orixes, tampouco entenderemos a Manuel María”. Con estas palabras, Uxía Senlle reivindicou a figura do poeta da Terra Chá, que será homenaxeado unha vez máis na Coruña, na presentación dunha nova edición de Lúas de Outono, onde a cantante presentará o seu novo traballo, Andando a Terra, no que canta poemas do literato e onde tamén verá a luz o documental Danza do poema emocionado, nun acto aberto á cidadanía e de entrada gratuíta que se celebrará o xoves 13 de setembro a partir das 20:30 no Teatro Colón da Coruña. (…) O documental Danza do poema emocionado, de Anxa González Refoxo, está baseado en dous libros de poesía infantil do autor (Os soños da gaiola e As rúas do vento ceibe). A obra pretende “non traizoar o escritor e ser fiel á relación que intenta crear cos nenos galegos”, explica a guionista, que explica que o propósito do autor non era outro que “espallar o amor a Galiza”. Nesta obra, de entre 10 e 12 minutos, mestúrase a danza, a música e a poesía, nun filme no que participan membros do Centro Coreográfico Galego e unha prometedora actriz de tan só once anos. “Non é para nada simple malia que as obras fosen dedicadas ao público infantil”, di Refoxo sobre un documental no que se fixo unha escolma de varios poemas que “se trataron integramente” para manter a esencia da inteción de Manuel María e o seu amor por un país que percorreu “parroquia a parroquia e vila a vila”, como lembrou Alberte Ansede. (…)”
A Coruña: Festa do Libro, actividades do domingo 15 de maio
Prosegue
esta nova edición da FESTA DO LIBRO, do venres 13 ao martes 17 de maio nos Xardíns de Méndez Núñez da Coruña, organizada pola Concellaría de Cultura e a Agrupación de Libreiros da cidade, con horarios de 11:30 a 14:00 e de 17:30 a 21:30 horas. Este é o programa de actividades para o domingo 15: PROGRAMA ACTIVIDADES FESTA DO LIBRO MAIO 2011:
* Domingo 15:
– 12:00 h.- Obradoiro “Creación dunha personaxe: Golfiño”, realizado por Fausto Isorna. A partir de 6 anos. Diante do Kiosco Alfonso.
– 12:30 h.- Presentación de “Agullas de ironía”, documental sobre Lois Pereiro feito polo alumnado de Comunicación Audiovisual da Facultade de Ciencias da Comunicación da Universidade da Coruña. No Kiosco Alfonso.
– 13:30 h.- Sinatura de exemplares por parte de Fausto Isorna. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 18:00 h.- Presentación do libro de ilustración de Pinturero “Rapazas, las pin-up de Pinturero” (Editorial Dibbuks). No Kiosco Alfonso.
– 18:00 h.- Sinaturas do libro “A Frecha Azul do Teixo” por parte de Eva Veiga, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 18:30 h.- Sinaturas de Diana Varela Puñal do seu último poemario “Animalabismo”, publicado en Espiral Maior Edicións. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 19:00 h.- Sinaturas dos libros do ilustrador Mariano Casas Gil “A historia xamais contada“, “La mancha negra” e outras obras do autor. No posto das Bibliotecas Municipais.
– 19:00 h.- Presentación da revista “Fiz” (Retranca Editora), por Kiko da Silva. No Kiosco Alfonso.
– 20:00 h.- Presentación do libro de Miguel Mato “Señardade da luz (A obra poética de Manuel María)”, publicado pola Asociación Cultural Alexandre Bóveda, con Alberte Ansede, Roberto Catoira e o propio autor. No Kiosco Alfonso.
Arteixo: presentación do libro inédito Galiza, de Manuel María
O
mércores 29 de decembro, a partir das 20:00 h., no Centro Cívico Cultural de Arteixo, terá lugar a presentación do libro Galiza, ensaio inédito de Manuel María. No acto, organizado pola Fundación Manuel María e a Asociación Cultural Monte da Estrela, participan Aniceto P. Nunes, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Marica Campo, Saleta Goi e Alberte Ansede, e aproveitarase para presentar tamén o proxecto da Casa Museo do autor chairego.
Santiago: presentación de Galiza, ensaio inédito de Manuel María
O martes
14 de decembro, a partir das 20:00 h., no local da Asociación Cultural O Galo (San Miguel dos Agros, 5, esquina Praza San Martiño Pinario) de Santiago de Compostela, terá lugar a presentación do libro Galiza, ensaio inédito de Manuel María. No acto, organizado pola Fundación Manuel María e A. C. O Galo, participan Uxía Senlle, Xosé Ramón Freixeiro Mato, Xosé Cobas e Alberte Ansede, e aproveitarase para presentar tamén o proxecto da Casa Museo do autor chairego.


