
Arquivos da etiqueta: Alberto Pombo
Roteiro Festexar a Lingua, na Coruña
A Coruña: presentación de Verso e acorde, de Alberto Pombo
Presentación de Verso e acorde, de Alberto Pombo
Compostela: conversa sobre proxectos para vivir en galego
Crónica fotográfica do Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, con Alberto Pombo (A Coruña, 21 de setembro)
Estas son algunhas das fotografías do Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, guiado por Alberto Pombo, celebrado o pasado 21 de setembro. A crónica fotográfica completa (obra de Beatriz Maceda Abeleira) pode verse aquí. Esta é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña.
A Coruña: Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría, con Alberto Pombo, o domingo 21 de setembro
O Roteiro Literatura e música: Banda Sonora da Pescaría é unha iniciativa da AELG desenvolvida co apoio do Concello da Coruña, que pretende dar a coñecer as cidades e vilas do país da man das nosas escritoras e escritores, que exercen de guías tomando como base obras propias ou alleas vinculadas a eses espazos. Deste xeito, posibilítase que a cidadanía goce persoalmente dos espazos físicos na súa relación coa memoria literaria.
Alberto Pombo, escritor, profesor e músico, propón un camiño pola memoria da Pescaría, entre o salitre e a pedra. Un paseo onde a música e a palabra se entrelazan coas rúas vellas, descubrindo os fitos que fixeron da cidade un epicentro do rexurdir literario nacional e da conciencia cultural dun pobo.
Terá lugar o o domingo 21 de setembro, a partir das 12:00 horas, na cidade da Coruña. O punto de saída será a Praza de San Nicolás. Non é necesaria inscrición previa.
Información sobre protección de datos
A/O responsábel do tratamento é a Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega. A finalidade do tratamento é a prestación do servizo que se detalla na solicitude ou actividade organizada. A base legal do tratamento é o cumprimento dunha obriga contractual na prestación dun servizo. Os seus datos conservaranse unicamente durante os prazos de prescrición legalmente aplicábeis. Pódense comunicar os seus datos a terceiras/os organizadoras/es ou colaboradoras/es da actividade. No caso de solicitar certificado de asistencia, os seus datos comunicaranse ao/á impartidor/a da actividade. Pode acceder, rectificar, suprimir os seus datos e nos casos determinados opoñerse ao tratamento, limitar o seu uso ou portar a outra/o responsábel. Tamén pode solicitar a tutela da Axencia Española de Protección de Datos ou presentar unha reclamación ante a mesma.



















