Nesta festa do aforismo participarán Francisco Pillado, Xavier Seoane, Manuel Bragado e unha representación dos autores e autoras: Lino Braxe, Tucho Calvo, Lois Diéguez, Estíbaliz Espinosa, Francisco X. Fernández Naval, Alfredo Ferreiro, Rafael Lema, Siro López, Olga Patiño, Ánxeles Penas, Francisco Pillado, Gustavo Pernas, Henrique Rabuñal, Claudio Rodríguez Fer, Xavier Seoane, Dores Tembrás, Ramiro Torres e Fidel Vidal.
Arquivos da etiqueta: Alfredo Ferreiro
A Coruña: mesa redonda Da literatura á banda deseñada: “A nosa cinza” en cómic
Carlos Quiroga no Culturgal: A imagem de Portugal na Galiza
Carlos Taibo no Culturgal: O penálti de Djukić
Teresa Moure no Culturgal: Bolcheviques 1917-2017
Compostela: “Panorama das iniciativas culturais galegas na rede”, o 8 de novembro, no Consello da Cultura Galega
Desde o Consello da Cultura Galega:
“A cultura e os contidos culturais son un eixe central do consumo e do uso de Internet na actualidade, tanto en Galicia como noutras partes do mundo. O abaratamento de custos e as facilidades de acceso posibilitan que, nos últimos anos, observemos en Internet un importante incremento de cibermedios e servizos culturais iniciados con accións de emprendemento por individuos ou pequenos equipos que exploran un espazo non só de lectores, senón de sustentabilidade económica e social.
Esta xornada quere ofrecer unha visión actual das iniciativas culturais na rede en Galicia, coñecer os mecanismos que empregan para o seu funcionamento e contextualizala no ámbito internacional.
Para isto contaremos coa presenza dos investigadores João Canavilhas, da Universidade da Beira Interior, Håkan Casares (Consello da Cultura Galega), Alberto Marinelli (Università da Sapienza, Roma) e Andreu Casero Ripollés (Universitat Jaume I, Castellón), de representantes de experiencias galegas sostibles (Praza Pública, Galicia Confidencial, Sermos Galiza, Campo Galego, Teo Vivo, Que pasa na costa) e unha panorámica de revistas culturais dixitais da man de Alfredo Ferreiro (Palavra Comum), Lara Rozados (A Sega) e Daniel Lavesedo (GZ Música).”
O programa completo pode descargarse aquí. Máis información e inscrición, nesta ligazón.
Carviçais, Portugal: Alfredo Ferreiro presenta Versos fatídicos
O sábado 30 de xullo, entre as 12:00 e as 13:00 horas, na Sala da Antiga Escola Primária de Carviçais, Portugal, Alfredo Ferreiro presenta Versos fatídicos dentro do Encontro PAN: O outro. O programa completo pode verse aquí: Pan: O outro. Programa Carviçais.
Vídeo da entrega de premios do Certame Manuel Murguia 2016
A Coruña: Atmosferas, recital poético en diálogo coa música de Aida Saco Beiroa
O venres 1 de xullo, ás 21:00 horas, en Maquinaria Pesada (Linares Rivas, 45, locais 24-25), na Coruña, terá lugar Atmosferas, un recital poético en diálogo coa música en directo de Aida Saco Beiroa. Participan: Sonia Andrade, Pedro Casteleiro, François Davo, María José Fernández, Alfredo Ferreiro, Xosé Iglesias, Antom Laia, Tati Mancebo, Luís Mazás, Teresa Ramiro, Paco Souto e Ramiro Torres.