Desde
a Deputación da Coruña:
“A Escola de Escritores-as da Asociación de Escritores e Escritoras en Lingua Galega (AELG) clausurou hoxe martes o obradoiro de creación literaria Hibridar o imaxinario, impartido pola escritora Rosalía Fernández Rial cun acto en que, ademais da propia autora, participou a responsábel da área de Cultura da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín e o presidente da entidade promotora, Cesáreo Sánchez Iglesias. Ademais das intervencións, no acto desenvolveuse unha proposta performática por parte de persoas que participaron no obradoiro. (…)
Goretti Sanmartín quixo, na súa intervención, destacar o esforzo realizado en iniciativas como a da AELG para contribuír a que as bibliotecas sexan “centros dinámicos” e felicitou de maneira especial o que denominou un “recitado contemporáneo, isto é, o feito de que a poesía sexa fundamentalmente un espazo coral de encontro arredor da creatividade”. (…)
Pola súa parte, o presidente da AELG, Cesáreo Sánchez, destacou a importancia da poesía nun “tempo de sobreinformación paralizante xa que nos achega a territorios do humano, da propia capacidade de escoitar”. (…)”
Arquivos da etiqueta: Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega
Hibridar o imaxinario II, por Rosalía Fernández Rial
Desde
a web de Rosalía Fernández Rial:
““Para hibridar o imaxinario cómpre xogar á corda coas fronteiras. Sempre coa intensidade precisa, a golpe de ilusión. Xusto aí, no non-lugar aprenderemos a fusionar a lingua infinda da arte literaria con todas as demais, sen restrición ningunha. Vés brincar?”
Difundimos a mensaxe cal Anunciación dun circo literario, artístico. Entre a distorsión musical dos megáfonos ambulantes e os brincos da poesía acróbata, lanzamos un convite para perder o medo a danzar. C’mon, C’mon! Voilà!
Esta semana conquistamos a metade xusta dese proceso colectivo cun obxectivo común: HIBRIDAR O IMAXINARIO.
Tras varias sesións de esforzo compartido, catarse dramática e intensidade laboral, estamos en condicións de afirmar que atopamos unha nova vía de traballo. Unha metodoloxía interdisciplinar, cooperativa, cognitiva e integral. Un exercicio de experimentación que cuestiona os lindes entre os eidos do literario, o musical, o plástico e o escénico, trasladándoos a unha outra dimensión creativa e vital.
Cómpre ser prudentes e agardar ao desenvolvemento completo do Obradoiro antes de extraer conclusións definitivas e difundilas. Mais por agora atrevémonos a adiantar o máis sincero dos agradecementos ás entidades e participantes que están a facer isto posible, pois a singradura percorrida non podía ser máis produtiva, esperanzadora e feliz.
Seguiremos informando.”
Escola de Escritoræs: Obradoiro de creación literaria a cargo de Rosalía Fernández Rial, Hibridar o imaxinario (do 2 de agosto ao 6 de setembro)
A
Escola de Escritores-as da AELG presenta un novo Obradoiro de creación literaria co título “Hibridar o imaxinario”, nesta ocasión impartido pola escritora Rosalía Fernández Rial e con Paco Souto como autor convidado.
Este obradoiro é posíbel grazas ao patrocinio da Deputación Provincial da Coruña, a Consellaría de Cultura e a colaboración do Concello de Carballo e a Biblioteca Pública Municipal Rego da Balsa.
Comezará o 2 de agosto e desenvolverase ao longo de 10 sesións de dúas horas cada unha os días 2, 4, 9, 11, 18, 23, 25 e 30 de agosto, e o 1 e 6 de setembro.
Ata o 26 de xullo está aberto o proceso de inscrición para as 25 prazas, gratuítas, para maiores de 16 anos, que se adxudicarán por orde de solicitude (biblioteca@carballo.gal / 981 758 580).
A Escola de Escritoras e Escritores da AELG centra os seus esforzos en impartir, por concellos de todo o país, obradoiros con formatos e destinatarios diversos, nos que se abordan diferentes xéneros literarios e contidos. Trátase dunha iniciativa que, cos autores/as como guías, ten o obxectivo de transmitir a experiencia apaixonante do acto creador, tentando concienciar á sociedade do imprescindíbel que é a estimulación creativa na escrita e o seu papel complementario na formación do individuo. O proxecto aposta por ofrecer á mocidade un sistema lingüístico, literario e cultural propio no que asentar as súas raíces.
Palabras do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, na homenaxe “O Escritor na súa Terra – Letra E” a Agustín Fernández Paz
aquí o texto lido polo Presidente da AELG, Cesáreo Sánchez Iglesias, no acto de entrega da Letra E a Agustín Fernández Paz, que tivo lugar no Centro Cultural e Recreativo de Vilalba o día 20 de xuño de 2009:Amigas e amigos.
Neste día feliz, ancorado nestes días de serena e firme alerta activa ante a hostilidade ao noso idioma que é mancado para que só voe coma ave tolleita, a túa obra é un canto ao seu futuro e ao futuro do noso pobo, o que construíu o idioma, o que deu forma a este anaco da humanidade que somos os galegos.
Faleceu Agustín Fernández Paz, Socio de Honra da AELG
A Asociación de Escritoras e Escritores en Lingua Galega lamenta a perda do seu Socio de Honra Agustín Fernández Paz, quen na súa escrita e traxectoria persoal conciliou tenrura e dignidade.
Foi proposto pola AELG para o Premio Nobel de Literatura en 2015 e 2016. A AELG tamén impulsou o seu nomeamento como Doutor Honoris Causa pola Universidade de Vigo.
Hoxe, martes 12 de xullo, desde 17:00, velatorio na sala 9 do Tanatorio de Pereiró e mañá mércores, a partir das 10:00 h. Tamén mañá, no Salón do Tanatorio, acto civil na súa memoria ás 19:00 horas.
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (e V)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación da conferencia “Ao redor do Proxecto Nimbos”, por Mercedes Queixas.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 1/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 2/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia) 3/3, por Martin Pawley.
– Ao redor do Proxecto Nimbos (conferencia-coloquio), con Martin Pawley.
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (IV)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación do obradoiro “De palabra a píxel. Introdución á videopoesía”. Con Mercedes Queixas:
– De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro) 1/2, por Celia Parra Díaz.
– De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro) 2/2, por Celia Parra Díaz.
– De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro-coloquio) 1/2, con Celia Parra Díaz.
– De palabra a píxel. Introdución á videopoesía (obradoiro-coloquio) 2/2, con Celia Parra Díaz.
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (III)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación do obradoiro Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención, con Mercedes Queixas:
– Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 1/2, con Antía Otero:
– Poesía e Vídeo con/sen cámara. A experiencia da intención (obradoiro) 2/2, con Antía Otero:
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (II)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación da mesa redonda A cicatriz branca. O corpo da fala, por Mercedes Queixas:
– A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda) 1/2. Eva Veiga le o texto de Margarita Ledo:
– A cicatriz branca. O corpo da fala (mesa redonda) 2/2. Intervención de Eva Veiga:
Crónica videográfica da Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes (I)
O
sábado 28 de novembro tivo lugar a Xornada de Literatura e Cinema: Unha literatura en imaxes, actividade da AELG co patrocinio da Concellaría de Cultura do Concello da Coruña, no Centro Ágora da Coruña.
Aquí pode verse a crónica videográfica completa do acto, da que destacamos hoxe as seguintes intervencións:
– Presentación da Xornada a cargo do presidente da AELG, Cesáreo Sánchez:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 1/3, por Manolo González:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 2/3, por Manolo González:
– Literamas, a literatura galega no cinema (conferencia) 3/3, por Manolo González:
