Charlas de Berta Dávila en Perugia e Roma (Italia)

“Esta semana a escritora Berta Dávila estará presente en Italia para falar da súa obra con motivo da tradución da novela O derradeiro libro de Emma Olsen ao italiano que publica Aguaplano (L’ultimo libro di Emma Olsen), moi ben acollida pola crítica. Alén doutros encontros, participará en charlas que se enmarcan dentro da actividade cultural dos Centros de Estudos Galegos de Roma e Perugia. O luns 23 estará no Instituto Cervantes de Roma ás 18:00 (Piazza Navona 91), onde será entrevistada polo profesor Attilio Castellucci, director do Centro de Estudos Galegos de Roma. O martes 24 dialogará en Perugia con Ginevra Amadio, Giovanni Dozzini e Marco Paone no Museo Arqueolóxico Nacional de Umbria ás 18:00 h.”

Berta Dávila: “A mirada irónica paréceme unha forma intelixente de desapego ante as cousas dolorosas”

Entrevista a Berta Dávila no Zig-zag da Televisión de Galicia:
“”A novela é un absoluto misterio para quen a escribe” son palabras de Berta Dávila, que hoxe vén presentar no Zigzag os seus dous últimos libros, ambos con premios Xerais: Os seres queridos e Un elefante na sala de estar. Dúas obras coa maternidade como fío condutor. A entrevista pode verse aquí.”

Compostela: actividades do 3 de maio da Feira do Libro 2022

Compostela: actividades do 1 de maio na Feira do Libro 2022

Nace o ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen complexos nin etiquetas

Desde a Deputación da Coruña:
“O último venres do mes de abril terá lugar a primeira sesión do ‘Club da Raíña Lupa’, un club de lectura sen etiquetas e sen complexos que nace ao abeiro do Premio Raíña Lupa de literatura infantil e xuvenil da Deputación da Coruña. Un club que parte da filosofía ‘non hai idade, hai literatura’, para estender e socializar a idea de que a LIX vai máis aló do público estritamente infantil e xuvenil.
Esta iniciativa está coordinada pola gañadora da última edición do Premio Raíña Lupa, Andrea Maceiras, e terá lugar na Sala Sala César Antonio Molina da Biblioteca provincial da Coruña, ás 18h do último venres dos meses de abril, maio, setembro, outubro e novembro. O venres 29 de abril, será o escritor Antonio Manuel Fraga o encargado de inaugurar esta rede de encontros co público lector. De feito, esta mañá a coordinadora, Andrea Maceiras, e o autor Antonio Manuel Fraga visitaron a Biblioteca provincial na que terán lugar as sesións. Nos seguintes encontros participaran Érica Esmorís, Berta Dávila, Ledicia Costas, Manuel Rivas e a propia Andrea Maceiras.
Para participar no ‘Club da Raíña Lupa’ será necesario inscribirse previamente a través de correo electrónico. O prazo de inscrición para formar parte deste Club abrirase o luns 18 de abril, día no que se fará público o enderezo electrónico de inscrición. O número de prazas estará limitado a 20 persoas e poderá participar tanto o público máis novo como calquera persoa adulta -nais, pais, irmáns, docentes, bibliotecarias- que desexe compartir experiencia lectora cos máis novos e novas.
Calendario de lecturas e encontros:
• 29 de abril: Antonio Manuel Fraga con santoamaro
• 27 de maio: Érica Esmorís con Patio de luces
• 30 de setembro: Berta Dávila con Un elefante no cuarto de estar
• 28 de outubro: Ledicia Costas con O neno de lume e Manuel Rivas con A nena lectora
• 25 de novembro: Andrea Maceiras con Que se me pare o corazón se te esquezo

Tabela dos libros. Abril de 2022

Desde o blogue Criticalia, de Armando Requeixo:
“Velaquí a nova Tabela dos Libros que ofrece a lista de títulos que Francisco Martínez Bouzas, Inma Otero Varela, Mario Regueira, Montse Pena Presas e eu estimamos como os máis recomendables entre os publicados nas últimas semanas.”