“A
profesora Kathleen March asina a tradución para o inglés do libro Xente de aquí e de acolá de Álvaro Cunqueiro. A Consellería de Cultura presentou o venres 30 de setembro Folks from here and there na biblioteca da Cidade da Cultura nun acto no que tamén estaba presente Jonathan Dunne, responsable de Small Stations Press, coeditora do volume canda á Xunta. Esta versión é a primeira en inglés do autor mindoniense nos últimos quince anos, e pode consultarse un fragmento da mesma no web da editora.” Vía Cultura Galega. Reseñado tamén en Galiciaé e La Voz de Galicia.
Arquivos da etiqueta: Consellería de Cultura
A Coruña: exposición No niño novo do vento, e faladoiro sobre A obra dramática de Álvaro Cunqueiro
A
Consellería de Cultura, Editorial Galaxia, e Fundación Penzol, coa colaboración do Concello da Coruña, presentan a exposición No niño novo do vento, conmemorativa do centenario de Álvaro Cunqueiro, que estará aberta desde o xoves 8 de setembro na Sala Municipal de Exposicións do Palexco, na cidade herculina. A exposición, comisariada por María García Liñeira e Víctor F. Freixanes, estrutúrase en cinco grandes apartados, que describen o universo cunqueiriano a través de elementos tan íntimos como a reprodución do seu escritorio de traballo, a narración biográfica no seu contexto histórico e vital ou a exhibición de materiais de grande valor tanto emocional como patrimonial. Un espazo audiovisual reproduce en vídeo distintos documentais, entrevistas e gravacións das súas obras teatrais; e dous computadores con pantallas interactivas permiten a consulta de datos, fotos e bibliografía. Editouse así mesmo, como material complementario, un catálogo sobre os contidos da exposición. A inauguración terá lugar o xoves 8 ás 12:00 horas. (…)
O mesmo día, ás 19:00 h., no mesmo recinto, Ánxeles Cuña, Manuel Lourenzo, Euloxio R. Ruibal e Laura Tato participarán nun faladoiro baixo o título A obra dramática de Álvaro Cunqueiro.
‘Un mural colectivo homenaxea a Xosé Neira Vilas en Santiago’
“A
Biblioteca Pública Ánxel Casal (Avenida Xoán XXIII, s/n.) de Santiago de Compostela, realizará este martes, no marco da súa programación dedicada a Xosé Neira Vilas, un mural colectivo no que participarán 25 nenos de entre 4 e 11 anos. Segundo informou a Consellería de Cultura, a actividade terá lugar este martes 30 de agosto ás 11:00 horas no Salón de actos da biblioteca e, durante esta, os mozos converteranse “en pintores por un día deixando a súa pegada artística á vez que se divirten”. O deseño do mural e a coordinación dos participantes para colorealo corresponde a Xoana Almar e Miguel Peralta, dous ilustradores formados en Granada e afincados en Santiago, que ofrecen “o seu bo facer de xeito xeneroso e desinteresado”, segundo precisou Cultura, para a realización desta obra colectiva. O resultado da obra poderá contemplarse na Biblioteca Ánxel Casal a partir do venres 2 de setembro, día da inauguración en Santiago da exposición Querido Balbino. 1961-2011. Cincuenta anos de Memorias dun neno labrego, coa que a Xunta homenaxea a Neira Vilas.” Vía Xornal.
Mondoñedo: exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro
O venres 15 de abril, ás 13:00 h., no Auditorio Municipal Pascual Veiga de Mondoñedo, inaugúrase a exposición No niño novo do vento. Cen anos con Álvaro Cunqueiro, organizada pola Editorial Galaxia, a Fundación Penzol e a Consellería de Cultura da Xunta de Galicia, coa colaboración do Concello de Mondoñedo.
Entre o cinto apretado e a incerteza
Cultura creará unha Dirección Xeral do Libro, Bibliotecas e Arquivos
A Consellería de Cultura renuncia a organizar este ano o Culturgal
A Consellaría de Cultura non fixo aínda ningunha comunicación oficial, mais segundo informa hoxe Vieiros “o director xeral de Promoción e Difusión da Cultural, Francisco López, comunicoulle o venres pasado á Asociación Galega de Editores que a Consellaría non conta con orzamento suficiente para organizala nos meses que restan de ano, aínda que se comprometeu a apoiar a súa celebración no ano 2010”. [Ler noticia completa en Vieiros]
Noticia relacionada: A Concellaría de Cultura da Coruña expresa o seu malestar pola decisión da Xunta de non convocar este ano o Cultural
